jueves, 27 de abril de 2017

Pepita, Eliseo. Un barco máis ca centenario



A Asociación Sueste vén de editar o libro “Pepita, Eliseo… Un barco máis ca centenario”, escrito por Pablo Martínez, membro desta entidade quen indagou na construción e evolución do buque insignia de Sueste. Esta publicación foi subvencionada cunha achega do Departamento de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das axudas á entidades sen ánimo de lucro, no programa “Ano Castelao” e de dinamización do galego, edición 2016. O libro, de máis de 140 páxinas, con moitas fotografías, algunhas inéditas, cedidas por varios colaboradores e arquivos, estuda as diversas etapas polas que pasou o galeón Eliseo dende a súa botadura ata o seu traspaso á Asociación Sueste. 

O “Eliseo” é unha embarcación que ten, hoxe en día, 109 anos. Foi botado no 1908, que o fai un dos máis antigos que prestan aínda servizo Os galeóns foron barcos de transporte nas rías galegas e cunhas características especiais que os fixeron moi axeitados para as función que tiñan que desenvolver. Este veleiro de Sueste, de 11,20 metros eslora entre perpendiculares por 3,70 metros de manga, é unha desas embarcacións que se fixeron tan coñecidas e tan entrañables, en moitos casos, polas diferentes vilas ribeirás. Realizou os seus traballos principalmente nas rías de Muros – Noia e Arousa, adicándose ao longo da súa andaina ao transporte de todo tipo de mercadorías. Hoxe, e despois da súa recuperación por Sueste, está destinado a ofrecer actividades recreativas, deportivas e pedagóxicas. Son moitos grupos os que teñen navegado nel: colexios, institutos, escolas-taller, asociación, afeccionados, turistas…

O libro será distribuído pola propia Asociación Sueste. Os ingresos obtidos pola súa venda van dirixidos a sufragar os gastos de conservación e mantemento do “Eliseo” e outras actividades.