domingo, 25 de junio de 2017

MOCIÓN DE SUESTE AO PLENO DA CORPORACIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA.


Ante os gravísimos feitos acontecidos na noite do 9 ao 10 de xuño de 2017, na que se perpetrou un atentado contra o conxunto que compoñen os estaleiros de ribeira Carlagho e Casqueiro( en proceso de declaración de BIC pola Xunta de Galicia) e téndose establecido un ámbito de protección sobre as mesmas e a súa contorna, feitos que concluíron cun incendio intencionado que rematou coa destrución da Carpintería de Casqueiro e provocou danos na de Carlagho, a Asociación Sueste considera necesario traer ao Pleno do Concello de Moaña este tema, que debe tratarse dende o ámbito político e institucional en base a seguinte exposición de motivos:

PRIMEIRO.- Este atentado require unha resposta institucional unánime, clara, directa e sen paliativos.

Esta acción violenta que se produce no contexto dunha discrepancia política a respecto de como resolver unha zona moi complexa, a Seara, con moi distintos actores, tanto públicos como privados, así como distintas administracións públicas.

O atentado supón a rotura do xogo e as regras democráticas, cunha falla de respecto evidente as decisións democráticas que as institucións teñen adoptado.

Así tamén, debe considerarse como agravante o feito de que o conxunto contra o que se produce este ataque está en proceso de declaración de BIC, cunha protección establecida, tanto para as edificacións, como para o seu contido. Máis tamén debe considerarse como agravante o feito de que se cometa o ataque o mesmo do día da publicación do DOG da resolución da Xunta de catalogar a Técnicas e Coñecementos da Carpintería de Ribeira como Patrimonio Inmaterial Galego.

Polo tanto, debe valorarse e denunciarse a intencionalidade clara do mesmo. Non somentes era a destrución do conxunto protexido, senón ademais evitar a súa catalogación por parte de Patrimonio como BIC.

Cabe así mesmo resaltar que o Pleno do Concello de Moaña tense manifestado con maioría cualificada en varias ocasións expresando unha decidida vontade pola conservación e rehabilitación deste conxunto.

Resulta, finalmente, unha agresión sen precedentes aos elementos identitarios que deron lugar o inicio do expediente de declaración de BIC, pero é tamén, sen dúbida, un atentado contra os sinais de identidade e a memoria colectiva do pobo de Moaña

SEGUNDO.- Debe existir un compromiso unívoco, por parte de todos os actores políticos e sociais, de establecemento dun novo clima, dentro do marco de actuación política, que permita a convivencia pacífica e o debate de ideas, baixo as normas do xogo democrático. A controversia e o debate político deben estar a salvo do emprego irresponsábel e inconsciente de medios que conducen a este tipo accións violentas. Os insultos, a manipulación, as ameazas, as agresións e descualificacións verbais deben desterrarse definitivamente do escenario social e institucional de Moaña.

TERCEIRO.- Este atentado constitúe un acto delictivo, cunha intencionalidade política e como tal debe calificarse dende o Pleno da Corporación Municipal, que deberá exixir unha acción policial e xudicial que identifique aos executores materiais e permitan que se lles poida pedir contas xudicialmente.

CUARTO.- Resulta urxente que se aseguren e acometan traballos de protección na zona, para evitar que os restos, estruturas e o conxunto protexido sofran máis danos ou se deterioren máis, se cabe.

Debería realizarse, dende a administración pública, un plan de continxencia para actuar nos estaleiros, tendo claro que este atentado se comete dentro dun escenario político e plenamente vinculado a este. Debe ser, en consecuencia, a Administración quen asuma e se responsabilice de ter a iniciativa e quen desenvolva un plan de actuación para protexer o conxunto e acometer os labores que eviten calquera risco para persoas ou bens, realizar os labores de desentullo e limpeza da parcela, que procure a recuperación de calquera elemento que sexa susceptíbel de conservación e que teña valor dende o punto de vista etnográfico.

QUINTO.- O atentado e a destrución do estaleiro de Casqueiro non vai interromper o proceso de declaración de BIC, polo que o ámbito de protección vai a manterse.

A declaración de BIC debe considerarse como un legado de responsabilidade para o Concello de Moaña, que deberá poñer en valor e manterse, polo que é imprescindíbel un acordo político entre todas as administracións con responsabilidades no ámbito de protección do conxunto para que se poida acometer con urxencia un proxecto reconstrutivo, coa rehabilitación do Estaleiro e cun tratamento coherente e homoxéneo a  todo o conxunto, que conclúa coa musealización.

Por todo isto, a Asociación Sueste solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Moaña a adopción dos seguintes acordos:

1.    Unha condena contundente, clara e sen paliativos, dos feitos perpetrados contra o conxunto en proceso de declaración como BIC, estaleiros de Casqueiro e Carlagho, que levou a destrución da Carpintería de Casqueiro, cualificando o mesmo como “atentado contra o patrimonio”.
2.    Reclamar tanto das autoridades policiais e xudiciais unha implicación absoluta no esclarecemento dos feitos e na localización e posta a disposición xudicial dos autores materiais deste atentado. Así tamén que o Concello remita a Fiscalía e todas as administracións implicadas toda a información relativa ao proceso no que se ten solicitada a declaración de BIC deste conxunto e as obras relativas ao chamado “Paseo da Seara”, na medida en que poida aportar información de valor. Así tamén que o Concello de Moaña se persoe como acusación particular, no caso de que as dilixencias policiais permitisen a posta a disposición xudicial do autores.
3.    Que o Concello de Moaña, emprenda as xestións necesarias para que as Administracións con competencia neste ámbito, ou en caso de inhibición destas e con carácter subsidiario acometa e asuma os labores para:
3.1. Evitar novos danos ao conxunto protexido.
3.2. Recuperar e manter a seguridade do conxunto, e repoñer a seguridade para persoas e para os bens na inmediación do conxunto protexido e permita, a maior brevidade posíbel, a circulación pola rúa Concepción Arenal.
3.3.  A realización de obras que impidan un maior deterioro ou unha maior destrución do conxunto.
3.4. Que se inicie os traballo de limpeza e desentullo na Carpintería de Casqueiro, procurando na medida do posible a recuperación, catalogación e inventario de restos que poidan ser susceptíbeis, ou posúan valor dende o punto de vista etnográfico. Así tamén que se traten as zonas afectas na carpintería de Carlagho.
4.    Reclamar de Costas do Estado a reversión ao Concello de Moaña dos terreos onde está situado o conxunto dos estaleiros de ribeira Carlagho e Casqueiro, así como todo conxunto obxecto de protección por parte de Patrimonio.
5.    Acometer as xestións necesarias, diante de quen competa, para a realización dun proxecto que permita a reconstrución e rehabilitación do estaleiro de Casqueiro e o tratamento de todo o conxunto de declaración como BIC, que conclúa coa posta en valor do mesmo e a musealización dos estaleiros de ribeira de Moaña.
En Moaña a 23 de xuño de 2017.


Directiva da Asociación Sueste

martes, 13 de junio de 2017

Incendio estaleiro de Casqueiro

Faro de Vigo-La investigación determina que el incendio del astillero de Casqueiro fue intencionado.


Una agente de la Policía Judicial, ayer por la mañana, investigando el incendio. // Santos Álvarez

Reunión coa Dirección Xeral de Patrimonio


Membros da directiva da Asociación Sueste, mantivemos no día de hoxe unha reunión en Santiago na Dirección Xeral de Patrimonio, para que nos informaran de como vai a tramitación do expediente dos estaleiros para súa catalogación.

En primeiro lugar mostraron a súa repulsa sobre o acaecido coa estaleiro de Casqueiro, e informándonos que estaban a preparar o expediente sobre os feitos acontecidos danando un ben protexido para remitir a fiscalía para que abrise as dilixencias oportunas.

Que a tramitación do expediente sigue a diante, mais despois da resolución publicada o pasado venres da incoación do procedemento para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) do patrimonio inmaterial as técnicas construtivas das carpinterías de ribeira. Que a perdida material non inflúe sobre catalogación patrimonial dos estaleiros e avogando unha vez rematado o expediente pola reconstrucción do estaleiro implicando para elo a todas as administración competentes.

lunes, 12 de junio de 2017

Comunicado de CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

O incendio provocado do estaleiro de Casqueiro
 é un atentado contra o patrimonio moañés e galego


A xunta directiva de CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, en nome das máis de corenta entidades que a conforman, manifesta a súa absoluta condena e repulsa polo incendio, provocado segundo todos os indicios, do estaleiro de Casqueiro en Moaña.

O sucedido foi un atentado contra os veciños de Moaña porque puido haber danos persoais ou materiais máis alá dos sufridos polo estaleiro. Tamén foi un atentado contra o patrimonio cultural galego porque o ben destruído estaba en proceso de catalogación e polo tanto baixo a protección que esa figura outorga. E foi unha especie de desafío ao goberno galego porque foi executado horas  despois de que a Consellería de Cultura publicase no DOG o inicio do proceso de declaración como ben de interese cultural do patrimonio inmaterial as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira.

Reiteradamente viñemos manifestando nos últimos anos que as carpintarías de Casqueiro é Carlagho conforman un conxunto de elevado valor etnolóxico, de gran valor cultural e identitario, coa enriquecedora peculiaridade engadida de estaren hoxe inseridos no corazón urbano da vila.

Esta convicción levounos a emprender accións ante a Administración a fin de salvagardar os estaleiros a través da súa conservación íntegra  e da súa rehabilitación co obxectivo de acubillar nas súas instalacións a actividade tradicional que lle é propia, construción e reparación de embarcacións tradicionais en madeira, completándoa con diversas actividades relacionadas coa cultura mariñeira. Actividades todas elas, que con esforzo comezara a desenvolver desde hai tempo a asociación Sueste.

Ante a retesía provocada pola construción do Paseo da Seara propugnamos e defendemos sempre a compatibilidade do remate do paseo coa preservación e funcionalidade de ambas carpinterías. Algo de sentido común e para o que non existe ningún impedimento técnico: conxugar salvagarda patrimonial con novos usos urbanísticos e necesidades veciñais.

A delongada loita pola preservación destes estaleiros moañeses levada a cabo por múltiples veciños e entidades de Moaña, e apoiada no resto do país por cantos defendemos o patrimonio e a cultura mariñeira, acadou finalmente eco na Dirección Xeral do Patrimonio que deu inicio hai máis dun ano á súa inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. Casualmente, cunha iniciativa que levabamos anos reclamando, o mesmo departamento da Xunta publicaba no DOG unhas horas antes do salvaxe incendio o inicio do procedemento para declarar Bens de Interese Cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira,  coa consecuente elaboración do censo e rexistro, xunto cos barcos e mestres carpinteiros, das propias carpintarías. Infelizmente, tal vez non sexa casual tal coincidencia no tempo.

Culturmar repudia, e espera que responda ante a xustiza, a man criminal que plantou lume ata arrasar o propio estaleiro e as embarcacións e outros bens que había no interior, poñendo mesmo en risco a veciñanza próxima.

Finalmente, facemos unha chamada ao diálogo pacífico e ao comportamento cívico da veciñanza de Moaña. E, agora máis ca nunca, convocamos á defensa do patrimonio e da cultura marítima.


                                                                                                       Xunta directiva de CULTURMAR
                                                                                                       Sábado 10 de xuño de 2017

Concentración en repulsa pola queima do asteleiro.

Vídeo da concentración en repulsa pola  queima do asteleiro de Casqueiro a pasada madrugada. Domingo 11/06/2017.


domingo, 11 de junio de 2017

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

Esta madrugada, actuando con total impunidade e aproveitando a noite, alguén prendeu lume no estaleiro de Casqueiro. Dende a Asociación Sueste quremos manifestar a nosa total repulsa e condena por tal acto, claramente “terrorista”, anunciado previamente nunha das pintadas que días atrás fixeran nos muros dos estaleiros e que di “este galpón vamos a derribar para que o pueblo poida pasear pola beiramar”. 

Este gravísimo feito, para a Asocición Sueste, ten claramente dous culpables: o autor ou autores materiais e os autores intelectuais e instigadores do delicto. Dos primeiros só podemos pensar nas paupérrimas mentes, retorcidas e demenciais que non teñen argumentos para defender a súa postura e optan por medidas drásticas, sendo parte e xuíces ao mesmo tempo, realizando actos sen sentido. Son dignos de compaixón e lástima porque non son quen de razoar e prever os danos de todo tipo que se derivan dunha acción deste calado e actúan coma brazo armado dos segundos. Estes son aqueles que, dende hai tempo, están creando un conflito onde non debería habelo, emporcando a toda a sociedade de Moaña e creando e fomentando inimizades veciñais.

Temos que congratularnos, sen embargo, de que non houbese vítimas mortais das que ter que lamentar aínda que si puido habelas dada a proximidade de vivendas ocupadas e edificios. Son varios e cuantiosos os danos producidos: 

   a) Un enorme dano moral, pois obríganos a pensar e lamentar que algunha xente de Moaña son quen de prexudicar gravemente aos propios conveciños, neste caso  a unha asociación de embarcacións tradicionais e que pretende a conservación dos estaleiros cara a unha futura musealización e tamén a outros particulares que gardaban a súa embarcación na carpintaría que ardeu.

   b) Un segundo e considerable dano aos bens materiais, falamos dunha nave, de varias embarcacións seis en total, tamén velas e pertrechos das embarcacións sinaladas, perdas económicas da moita cuantía para as persoas afectadas e para a asociación Sueste.

   c) E unha moita máis, ao noso entender, irreparable perda: un estaleiro catalogado cun valor etnográfico importante e algunha das embarcacións como o finn, de madeira, que foi campión olímpico na súa especialidade ou a dorna nai, embarcación dos anos cuarenta do pasado século que estaba sendo recuperada por Sueste, ademais de toda a ferramenta e trazados de embarcacións que se atopaban  no andar de gálibos. É significativo que a Xunta apróbase onte mesmo a catalogación das embarcacións tradicionais e do saber facer dos nosos carpinteiros de ribeira.

Sempre apostamos polo diálogo, cando nos permitiron expresar a nosa opinión e ideas. Sempre crimos que con boa vontade por parte de todos os afectados se podería chegar a un acordo que satisfixese a todos. Vemos que estabamos equivocados, con algunha xente non hai ningunha posibilidade de diálogo. Imos esixir á todas as autoridades a involucración total para o esclarecemento dos autores do lume. Este delicto non pode quedar impune.

A Asociación Sueste adhírese, como non podía ser de outra maneira, á convocatoria realizada dende o equipo de goberno para una concentración para mañá, domingo, ás 19 horas, nas inmediacións do centro de Saúde de Moaña para manifestar a total repulsa polo acto de queima do estaleiro de Casqueiro e a favor dunha convivencia pacífica e solicitamos a todos os veciños de ben a que nos acompañen nesta concentración

En Moaña, a 10 de xuño de 2017

A Xunta Directiva da Asociación Sueste. 

sábado, 10 de junio de 2017

Concentración de repulsa.


Concello de Moaña

Desde o Equipo de Goberno convocamos unha concentración para mañá domingo ás 19h nas inmediacións do centro de saúde como acto de repulsa pola queima do asteleiro de Casqueiro e a favor da convivencia pacífica.


Hoxe non e dia para comentarios.




video

video


video

miércoles, 31 de mayo de 2017

Concurso de fotografía "Cultura Mariñeira Galega"

A asociación Xeopesca ven de convocar un concurso de fotografía coa temática da Cultura Mariñeira Galega, para saber máis: Concurso de Fotografía Libre.

Bases para o concurso.






viernes, 26 de mayo de 2017

Sueste na prensa

Faro de Vigo-El astillero de Casqueiro se convierte en una improvisada galería de arte.

El astillero de Casqueiro se convierte en una improvisada galería de arte.

Los artistas Portela, Pizcueta y Xavier Ríos inauguran una exposición el sábado

Cristina G. 25.05.2017 | 13:32

Una imagen de archivo del astillero de Casqueiro, en el paseo de Seara.// Santos Álvarez

Cristina G. 25.05.2017 | 13:32

El polémico astillero de ribeira de Casqueiro, en el frente marítimo del casco urbano de Moaña, en Seara, que provocó la paralización del paseo marítimo que construía el Concello mediante un convenio tripartito con la Consellería de Infraestructuras y Portos de Galicia, para evitar que se viera afectado, se convertirá desde el sábado en una improvisada galería de arte.


Los artistas de O Morrazo Lito Portela, Manuel Pizcueta y Xavier Ríos inauguran una exposición que pretende ser "una intervención, reflexión y emoción", en palabras de los propios autores, sobre un espacio en desuso, como es el astillero, con una profunda historia patrimonial y cultural.

La exposición se realiza con la colaboración de la Asociación Sueste, de recuperación de embarcaciones tradicionales, que trabaja y tiene su sede en el astillero colindante, denominado Calragho. Tanto una como otra carpintería de ribeira datan de 1941 y se construyeron mediante la obtención de una concesión que sigue en vigor, aunque en estos momentos tiene abierta un expediente desde Costas para declarar su caducidad.

Las obras de construcción del paseo marítimo de Seara comenzaron en la recta final del anterior gobierno local del PP, en 2015, aunque pocos meses después y ya con el nuevo gobierno local bipartito, los trabajos tuvieron que paralizarse debido a los problemas de la empresa constructora para entrar en algunas propiedades, entre ellas las de los astilleros, en donde el proyecto contemplaba un retranqueo y la reconstrucción de la fachada para lograr un paseo de 6 metros de ancho.


Desde el Concello se buscó una salida alternativa que salvaguardaba el astillero y trasladaba el paseo por el interior, fuera del mar. Surgió un movimiento vecinal, constituido como plataforma del paseo de Seara, con protestas diarias en la calle, al menos durante un año, para reividnciar la ejecución del proyecto original. Hoy en día el proyecto sigue paralizadom, según la información oficial, a la espera de una solución respecto a la cesión de los terrenos necesarios.

miércoles, 24 de mayo de 2017

Exposición no estaleiro de Casqueiro.


Os artistas Lito Portela, Xavier Ríos e Manuel Pizcueta van facer unha exposición dos seus  traballos que  no estaleiro de Casqueiro do día 27 de Maio ata o 4 de Xuño.

jueves, 27 de abril de 2017

Pepita, Eliseo. Un barco máis ca centenario



A Asociación Sueste vén de editar o libro “Pepita, Eliseo… Un barco máis ca centenario”, escrito por Pablo Martínez, membro desta entidade quen indagou na construción e evolución do buque insignia de Sueste. Esta publicación foi subvencionada cunha achega do Departamento de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das axudas á entidades sen ánimo de lucro, no programa “Ano Castelao” e de dinamización do galego, edición 2016. O libro, de máis de 140 páxinas, con moitas fotografías, algunhas inéditas, cedidas por varios colaboradores e arquivos, estuda as diversas etapas polas que pasou o galeón Eliseo dende a súa botadura ata o seu traspaso á Asociación Sueste. 

O “Eliseo” é unha embarcación que ten, hoxe en día, 109 anos. Foi botado no 1908, que o fai un dos máis antigos que prestan aínda servizo Os galeóns foron barcos de transporte nas rías galegas e cunhas características especiais que os fixeron moi axeitados para as función que tiñan que desenvolver. Este veleiro de Sueste, de 11,20 metros eslora entre perpendiculares por 3,70 metros de manga, é unha desas embarcacións que se fixeron tan coñecidas e tan entrañables, en moitos casos, polas diferentes vilas ribeirás. Realizou os seus traballos principalmente nas rías de Muros – Noia e Arousa, adicándose ao longo da súa andaina ao transporte de todo tipo de mercadorías. Hoxe, e despois da súa recuperación por Sueste, está destinado a ofrecer actividades recreativas, deportivas e pedagóxicas. Son moitos grupos os que teñen navegado nel: colexios, institutos, escolas-taller, asociación, afeccionados, turistas…

O libro será distribuído pola propia Asociación Sueste. Os ingresos obtidos pola súa venda van dirixidos a sufragar os gastos de conservación e mantemento do “Eliseo” e outras actividades.

viernes, 3 de febrero de 2017

Cervo impulsa la creación de una escuela de carpintería de ribera.

La Voz de Galicia-Cervo impulsa la creación de una escuela de carpintería de ribera.



Cervo impulsa la creación de una escuela de carpintería de ribera.
El regidor cree que es una oportunidad de divulgar esta tradición

 MARÍA CUADRADO
CERVO / LA VOZ 03/02/2017 05:00

Conscientes de la importancia que en su día tuvo la carpintería de ribera en el municipio y del potencial de divulgar esta tradición, el Concello de Cervo perfila un proyecto para poner en macha una escuela o un centro de formación centrado en la carpintería de ribera. El proyecto figura entre los inmediatos que aborda el equipo de gobierno y ya ha sido planteado y analizado en comisión de gobierno. Frente a las trabas para impulsar otros proyectos relacionados con este sector, el Ayuntamiento da un paso al frente, asume el reto como propio y plantea crear una escuela.«Temos a tradición, a única carpintería en activo e tamén a un profesional que vive intensamente o seu oficio (por Francisco Frá). Perder todo este traballo e este legado sería imperdoable. A idea do Concello é potenciar esa tradición e ese patrimonio. Ver como desenvolver o proxecto é no que estamos centrados agora mesmo», explica el alcalde, Alfonso Villares.

Visitas turísticas
«A xente que participa nas visitas sae encantada despois de coñecer a carpintería e de escoitar as explicacións de Francisco Frá. Iso non pode pasar desapercibido para o Concello porque non podemos esquencer que, noutro nivel diferente a Sargadelos, a carpintería de ribeira tivo un peso moi importante no noso municipio. É unha aposta municipal que plantexamos con absoluta certeza e claridade», explica el regidor, quien cree que ese proyecto se podría completar con visitas y otras actividades.

Desde el Concello destacan el valor de la carpintería de ribera de Francisco Frá Rico, que resiste en San Cibrao. Es también un punto de referencia para las visitas turísticas, uno de los reclamos de la comarca. Siete generaciones han mantenido durante más de dos siglos este negocio.En San Cibrao continúa activa la carpintería de Francisco Frá, con más de dos siglos

sábado, 21 de enero de 2017

Manifesto respecto á resolución de Patrimonio.

MANIFESTO DA ASOCIACIÓN SUESTE RESPECTO Á RESOLUCIÓN DE PATRIMONIO DE GALICIA EN RELACIÓN AOS ESTALEIROS DE CASQUEIRO E CALRAGHO.


A publicación no DOG, do día 13 de xaneiro, da resolución do 23 de decembro de 2016 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, polo que se propón a incoación do procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, do conxunto dos estaleiros de Casqueiro-Calragho, no termo municipal de Moaña, vén amosar que a postura da Asociación Sueste, a cal leva defendendo dende o primeiro momento en que se proxectou o paseo de A Seara, era correcta e coherente.

A asociación Sueste avogou sempre pola supervivencia e conservación do conxunto dos dous estaleiros por mor do seu valor etnográfico. Nunca quixo ofrecer unha oposición gratuíta e partidista ao paseo, só a movía o interese de manter en pé uns talleres nos que se construíron moitas embarcacións, algunhas aínda en activo. Explicamos, nas poucas ocasións que nos deron a oportunidade de poder facelo, que estas edificacións tiñan un valor que as facía merecedoras de seren conservadas.

Visto o cariz que estaban tomando as cousas (manifestacións en contra da conservación dos estaleiros, descoñecemento da situación legal dos terreos onde se asentan os talleres por parte de moitas das persoas que se opuñan á rehabilitación destes, malas palabras e inimizades entre veciños, e un longo etcétera), a asociación Sueste, despois de estudar e analizar a situación, decide, o día 3 de maio de 2016, solicitar o inicio de incoación de expediente de inventariado, segundo a lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Posteriormente, entrou en vigor a actual 5/2016, que é na que se basea o nivel actual de protección dos estaleiros. Foi unha mágoa que, por certos intereses alleos que sospeitamos cales poden ser, non se chegara a un consenso para poder levar a cabo o paseo demandado de A Seara e a conservación dos estaleiros que utiliza a nosa asociación.
A resolución ditada pola directora xeral de Patrimonio aplica de forma clara o articulado da lei 5/2016, do 4 de maio, na que se recoñece explicitamente que “para os efectos da súa posible declaración de interese cultural ou catalogación presúmese o valor etnolóxico dos seguintes bens sempre que conserven de forma suficiente a súa integridade formal e construtiva e os aspectos característicos que determinan a súa autenticidade:... as fábricas de salgadura, as carpintarías de ribeira e as embarcacións tradicionais do litoral e dos ríos de Galicia”.
Hai varios aspectos a resaltar na resolución:

1.- Por suposto, o recoñecemento da importancia etnográfica e histórica das carpintarías de Casqueiro e Calragho cando menciona: “Cómpre ter en conta que a construción de embarcacións de madeira ou a carpintaría de ribeira é unha actividade tradicional de indubidable interese cultural antropolóxico e etnolóxico”.

2.- Hai un recoñecemento do uso do estaleiro de Calragho como sede da asociación Sueste para mantemento, reparación e garda das súas embarcacións.

3.- Que “o obxectivo principal da protección é permitir a conservación da actividade de carpintaría de ribeira... ... o seu coñecemento e posta en valor a través das actividades culturais relacionadas coa historia, produción e sistemas relacionados coa construción de embarcacións e a cultura mariñeira de Moaña e o Morrazo en xeral.

4.- Poden admitirse e “son recomendables como actividades de salvagarda dos valores culturais etnolóxicos asociados, os que supoñan a posta en valor e goce patrimonial do espazo etnolóxico e contribúan á consecución destes fins.

5.- O contorno de protección non se circunscribe unicamente ás referidas construcións senón a todo un espazo máis amplo que contempla dende a Casa do Mar ata onde se atopaba o estaleiro de Eusebio (eirado do ferreiro) e dende a rúa Concepción Arenal ata rebasar as anguías de suba e baixada das embarcacións.

6.- Un aspecto moi importante que tamén recolle a devandita resolución é ( a pesar do que algúns puideran dicir de que Sueste se opuña ao uso da vivenda que se atopa dentro da concesión pola actual inquilina) o recoñecemento coma vivenda do antigo serradoiro.

O nivel de protección que a resolución aplica é o de protección ambiental, que vén ser a conservación dos aspectos máis visibles e evidentes dos bens. É dicir, as carpintarías, como tal, e as anguías. As actuacións autorizables nos bens de protección ambiental resúmense en:

a) As de investigación, mantemento, conservación, consolidación, restauración, rehabilitación e reestruturación parcial ou total.

b) As de ampliación sempre que non supoñan un deterioro ou destrución dos valores culturais que aconsellaron a súa protección.

A consecución deste obxectivo, abandeirado pola Asociación Sueste, non é un éxito exclusivo desta senón do importantísimo apoio e colaboración de varias entidades, organismos e moitas persoas que dende o primeiro momento cooperaron para chegar a este valioso logro: o actual goberno municipal de Moaña que sempre nos apoiou na defensa destes valores patrimoniais, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial – Culturmar e todas as asociación englobadas nela que nos acompañou nalgunhas difíciles entrevistas, a Asociación de Veciños de Praia – Moaña quen sen renunciar ao paseo marítimo consideraron que estas construcións engrandecerían a obra, a Federación de Asociacións Veciñais de Moaña quen solicitou ao Pleno Municipal, en decembro de 2013, a posta en valor e musealización das carpintarías de ribeira de Casqueiro e Calragho, e a un número considerable de persoas que nos fixeron chegar os seus ánimos.

Sueste cre que é o momento das palabras, do debate sereno e argumentado; non dos balbordos, dos desafíos, dos insultos entre veciños . É o momento da procura de solucións pactadas e consensuadas para darlle saída a un paseo de A Seara digno, contemplando a conservación e rehabilitación das carpintarías de Casqueiro e de Calragho como un valor engadido.

En Moaña, a 18 de xaneiro de 2016

A Xunta Directiva da Asociación Sueste.

viernes, 13 de enero de 2017

Unha boa nova.



Un gran paso a diante na conservación dos estaleiros da Seara, no dia de hoxe saíu publicado no DOG o inicio do procedemento para incluír no Catalogo do patrimonio cultural de Galicia como bens inmobles coa categoría de lugar de valor etnolóxico, o conxunto dos estaleiros de Casqueiro e Calragho.
Unha moi boa nova para todos os que levamos anos loitando pola conservación dos estaleiros de ribeira.

"RESOLUCIÓN de 23 de diciembre de 2016, de la Dirección General de Patrimonio Cultural, por la que se propone la incoación del procedimiento de inclusión en el Catálogo del patrimonio cultural de Galicia, del conjunto de los astilleros de Casqueiro-Calragho, sitos en la parroquia de San Martiño de Moaña, en el término municipal de Moaña."

DOG - Nº 9 Viernes, 13 de enero de 2017


Contorno de protección proposto por Patrimonio.