viernes, 29 de abril de 2016

A Roda no Eliseo.

O pasado luns o Eliseo recibiu a visita do grupo musical A Roda, na visita foi co gallo de realizar unha sesión fotográfica a bordo, encadrada dentro da súa nova campaña de promoción.



miércoles, 27 de abril de 2016

Paseo da Seara

Faro de Vigo-Costas confirma que la pasarela de Seara depende de Pontevedra y que el paseo requiere autorización.

Morrazoaldia-Costas de Madrid confirma “irregularidades” no inicio da tramitación do paseo de Seara.


Morrazoaldia.-

Costas de Madrid confirma “irregularidades” no inicio da tramitación do paseo de Seara

O edil de Urbanismo, Odilo Barreiro, reitera que é Costas a que pode autorizar a disposición dos terreos.

O goberno de Moaña recibiu un escrito de Costas de Madrid respondendo á demanda exposta polo concelleiro de Urbanimo e a alcaldesa durante o mes de marzo. Nela, explicábase o aprobado polo pleno da corporación en decembro de 2015, onde se solicitaba a caducidade inmediata e urxente das carpinterías de ribeira do paseo e a autorización para sobrevoar cunha pasarela de madeira a fronte das estruturas, de forma similar ao que ocorre no club de xubilados.

Na súa resposta, o organismo estatal remite a autorización da pasarela á Xefatura Provincial de Costas de Pontevedra e incide en que a execución está suxeita a previa concesión outorgada pola administración do Estado e que deberá solicitarse e tramitar segundo determina o Regulamento Xeral de Costas. “O escrito alerta sobre irregularidades cometidas na tramitación inicial do proxecto do Paseo de Seara”, reitera Odilo Barreiro.

O edil de Urbanismo resalta que o documento “demostra o que sempre defendeu o goberno actual de Moaña, é Costas quen pode autorizar a disposición dos terreos ao tratarse de dominio exclusivo dese organismo”. Barreiro apunta que co escrito compróbase que o anterior alcalde, José Fervenza, “manipulou á veciñanza co fin de crear un barullo e unha conflitividade que tapase as súas irregularidades e trapalladas”. O edil asegura que a xunta de goberno do PP ignorou un informe de Secretaría que establecía que non se podería sumar ao convenio sen que Costas do Estado expropiase ou caducase as concesións e terreos por onde discorre o paseo. Barreiro engade que Fervenza “debería pedir perdón pola nefasta instrumentalización” das obras do paseo de Seara e que “debería abandonar a vida política se tivese un pouco de vergoña”.

O responsable de Urbanismo recalca que o actual goberno traballará para que Costas do Estado e a Axencia Galega de Infraestruturas “desatasquen a situación actual” e regularícese segundo a lei para permitir un paseo pola beira do mar respectando as carpinterías de ribeira.