lunes, 24 de agosto de 2015

XX Concentración de embarcacións tradicionais. Combarro

Estivemos esta fin de semana por Combarro, cono aconteceu o anterior fin de sema en Bueu o tempo non nos acompañou a borrasca que pasou deixou moita chuvia e fortes refachos de vento o que fixo que apenas se puidera navegar, so os claros da tarde do sábado e do domingo permitiron algunha saída.


A presencia do iate Fair Lady de 1928 quedou deslucida polas embarcacións tradicionais.

miércoles, 19 de agosto de 2015

O veraneo no Con

La Voz de Galicia-O veraneo no Con.

Artigo aparecido na Voz de Galicia escrito por Xesús Cancelas Franco, presidente da Agrupación Cultural Nós, no que fala dos primeiros veraneantes que viñan a Moaña a finais do século XIX e principios do XX.


Fernando Cantero na praia do Con con Antonio Sanjurjo, Paz e Tránsito Cid, no ano 1908.

A finais dos anos 60 do século pasado a miña familia vivía na Ribeira do Con e eu correteaba por alí alleo ás persoas ás que chamaban señoritos e non eran outros que os veraneantes. Unha parella atraía a miña atención, sempre paseando de ganchete, os dous moi elegantes e a ela todos lle chamaban Miss España. Moitos anos despois a curiosidade fixo que indagase de quen se trataba e foi doado descubrilo. Era Emilia Docet Ríos, elexida Miss España en febreiro de 1933 e que a dicir dalgúns convertírase na musa do Partido Galeguista. Participou no famoso mitin das Arengas na praza da Quintana o 25 de xullo de 1934 xunto con Castelao, Bóveda, Otero Pedraio, Paz Andrade e Suárez Picallo.

As crónicas da época din que pronunciou un discurso bello y sólido. Era unha persoa de gran implicación social na defensa dos desfavorecidos e representaba un novo modelo de muller polos seus estudos de peritaxe, pola súa vestimenta, era cosmopolita e practicaba varios deportes. A guerra e o franquismo cambiaron a súa vida e a de todos.

Co tempo seguín curioseando na historia dos veraneantes do Con e descubrín por un relato de 1874 de Ramón García Vicetto que había unha magnífica Quinta no Con e que a súa envidiable posición a facía morada predilecta do varias veces ministro José Elduayen, antes de ter comprado o castelo de Monterreal en Baiona. A súa muller, a Marquesa del Pazo de la Merced, seguiu visitando a finca propiedade de Francisco Martínez Villoch, dono da fábrica de conserva do Con.

A principios do século XX era frecuente atopar anuncios na prensa de aluguer de casas de veraneo, ademais de que o transporte de ría tiña unha parada fixa na nosa praia e en 1909 a Gaceta de Madrid (BOE) publicaba a autorización para a construción dun balneario na praia solicitado por Balbino Rodríguez Pombo en nome da sociedade El Progreso de Moaña. Non hai constancia da súa construción.

Os marqueses de Méndez Núñez que vivían en Pontevedra, Vigo e Madrid tiñan fixada a residencia de verán na súa Granxa do Con (O Real) e cada ano a prensa anunciaba a súa presencia. Na primeira metade do XX o número de familias que veraneaban na zona era abundante, desde o xeneral Burguete, Director General da Garda Civil, ata a familia de Antonio Sanjurjo Badía que no día do Carme de 1924 organizou unha verbena na praia pra celebrar a onomástica da neta Carmencita.

En 1943, o mestre Santiago Barreiro, nun folleto publicado analizando a vida local de Moaña di que O Con é a estación veraniega por excelencia poboada de chalés, palacetes e mansións señoriais. Mención aparte merecen os descendentes de Concepción Arenal que desde hai máis dun século veñen veraneando no Con, dándose o caso de que en 1936 parte da familia que se atopaba no seu chalé tivo que quedar durante os anos da guerra residindo en Moaña e aillada do resto da familia que estaba en Madrid.

martes, 18 de agosto de 2015

XIX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.

Esta pasada fin de semana a asociación Os Galos celebrou seu XIX Encontro de embarcacións tradicionais, o encontro estivo un pouco deslucido pola choiva e a ausencia de vento pero a pesar de todo unha vintena de embarcacións chegadas das rias de Vigo, Pontevedra e mais da Arousa navegaron pola enseada de Bueu.
Durante o Encontro o sábado a tarde levouse a cabo a botadura da dorna de tope Roiba, esta dorna pertencía a familia Vázquez Molezún propietarios do chale A Roiba situado na praia de Beluso, a dorna levaba moitos anos colgada dunha parede no baixo de dito chale, foi construída polo carpinteiro Señor Marín fai mais de 90 anos.


Dorna de tope Roiba agardando na praia a súa botadura.

sábado, 15 de agosto de 2015

XII Xuntanza de embarcacións tradicionais. Moaña 2015.



O sábado celebramos nosa XII Xuntanza de embarcacións tradicionais, Moaña 2015. Como colofón a unha semana chea de actividades . O sábado apareceu un dia verán con sol e vento frouxo pero a partir de media maña, como marcaba a previsión, o vento empezou a subir de intensidade ata converterse nun vento fresco do norte que incomodou bastante a navegación e incluso fixo que algún dos barcos non puideran chegar e outros chegaran para a hora da comida.
Contamos este ano con novos barcos chegados de distintos puntos da ria e incluso da ria de Pontevedra coma e o caso da dorna Habana con Anxo a cana.
A comida celebrouse no estaleiro de Casqueiro e xa pola tarde uns fóronse para seus portos e outros aproveitaron para ir ver a regata da liga ACT que se celebraba en Meira.


Os gameleiros collendo rizos xa en terra.

viernes, 14 de agosto de 2015

Intervención poética ao Mar

O pasado venres levouse a cabo a intervención poética ao Mar dentro do noso programa de actividades da XII Xuntanza. Foron seis poetas vinculados o Morrazo encabezados por Xosé Daniel Costas   que recitaron os poemas, un propio e outro de libre elección, pero todos eles co mar como transfundo, tiveron o acompañamento do grupo de clarinetes do CCMUS (Centro Creativo Musical de Moaña)que tamén nos agasallou con súa actuación entremedias do recital e o acabar o mesmo.


Xosé Daniel Costas Currás na presentación do recital.


Alfonso Láuzara Martínez nun momento da súa interpretación.


Conservas de Xosé Daniel Costas.


Na Rúa do Portoa cargo do grupo de clarinetes do CCMUS de Moaña







miércoles, 12 de agosto de 2015

Contos do mar de Irlanda- Os gaiteiros do mar.

O pasado xoves tivemos a presentación no estaleiro de Casqueiro do libro de Xurxo Souto Contos do mar de Irlanda, nel contan unha serie de historias, «sucedidos» coma el di, que lle o correron os mariñeiros galegos o longo dos anos a percorrer os mares de todo mundo.
Tamén se presentou o audiovisuais "Os gaiteiros do mar" que conta a historia de como uns gaiteiros do  Hío en Cangas gravaron unha casete, un Lp coma lle chaman eles, a bordo dun barco no Gran sol. Estes gaiteiros amenizaron o acto con súa musica.

lunes, 10 de agosto de 2015

Adeus a Luís Rei un loitador da cultura e dos barcos.

Deixounos Luís Rei, non lembro desde cando nos coñeciamos pero viña de lonxe dos primeiros encontros de embarcacións a mediados dos noventa, pero si lembro ben a nosa ultima conversa fará algo mais dun ano, falamos de mil cousas coma sempre, e recordoume que aínda tiña pendente escribir un relato sobre a expedición da federación a Duardenez do ano 2004.
Unha aperta e noso apoio aos seus familiares e achegados.

Luís Rei na presentación do acto de homenaxe a Cabanillas "Rimas ao vento mareiro" que el organizara en Cambados no 2009.

jueves, 6 de agosto de 2015

Contos do mar de Irlanda




Hoxe as 21:00 presentación no estaleiro de Casqueiro de "Contos do mar de Irlanda" de Xurxo Souto coa proxección do documental "Os Gaiteiros do Mar" tamén teremos foliada a cargo dos Gaiteiros do Mar.


Recordade que seguimos coas xornadas de portas abertas nos estaleiros e hoxe o longo da tarde a asociación se software libre XeoPesca, fará demostracións de seus programas que teñen como obxectivo principal a creación dun rexistro da actividade pesqueira das flotas de baixura.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-La bióloga María Ortega explicó la importancia del marisqueo a pie en la economía de Moaña.



Morrazoaldia-María Ortega sinala a importancia do marisqueo en Moaña, unha profesión con futuro para a xuventude.

miércoles, 5 de agosto de 2015

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Charla sobre el marisqueo y su impacto en la economía moañesa.



Iria Collazo presentó ayer su novela "Como unha áncora". // G.N.

XII Xuntanza de embarcacións tradicionais. "Coma unha áncora"

No dia de onte tivemos no estaleiro de Casqueiro a presentación do libro de Iria Collazo "Coma unha áncora" con un éxito de publico que desbordou nosas expectativas enchendo todas as cadeiras e con moita xente en pe, chegando a esgotar todos os exemplares da novela que había a venta.

Primeiro foi o quenda para Coral Rios, Concelleira de Cultura falou sobre o programa de Dias de Mar seguiu o quenda de noso presidente para falar sobre a nosa XII Xuntanza e os actos asociados a ela. Despois o poeta moañés Xosé Daniel Costas fixo a presentación dos interviñestes, continuou  o escritor-editor de Galaxia Francisco Castro que fixo un percorrido de como chegara a súas mas a novela a trabes dunha mensaxe no Facebook de unha rapaza chamada Auga Mar que lle dicía que acababa de escribir unha novela e non sabia que facer con ela e final mente Iria Collazo fixo un relato de todas aquelas cousas que lle habían servido de referencia e inspiración para desenrolar a trama da novela.


Xosé Daniel Costas facendo a presentación.

Charla - A importancia do sector do mar e do marisqueo a pé.

Hoxe as 21:00 horas no estaleiro de Casqueiro  a Doutora en Bioloxía Dª María Ortega dará unha charla sobre a importancia do sector do mar e do marisqueo a pé,enfocando esta sobre de todo en como afectou o desenrolo da  economía de Moaña.


martes, 4 de agosto de 2015

lunes, 3 de agosto de 2015

Presentación "Coma unha áncora"

Maña Martes temos a presentación da novela "Coma unha ancora", primeira obra da xoven escritora moañesa Iria Collazo López. O acto será no estaleiro de Casqueiro a partires das 21:00.


"Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Empezarás a ler e xa non vas poder parar. Prepárate para naufragar dentro dunha páxinas cheas de feitizo..."

domingo, 2 de agosto de 2015

Unha nova botadura

Desta vez tocoulle quenda o folkboat Pukinello que estaba sendo restaurado por completo no estaleiro dende fai case 6 anos. Unha reparación que supuxo a substitución de unha  boa parte das súas cadernas e varengas así como algún que outro banzo, a cuberta a caseta e a bañeira son de nova construción.

O Pukinello foi construído por Kaj Erik Isaksen (1921-2012) na cidade danesa de Aarhus no ano 1951, foi seu propietario hasta o ano 1964.


O Pukinello xa fora do estaleiro a espera da noite.