miércoles, 27 de agosto de 2014

Comezo do traballo do pau para a dorna Dúas Lúas

No dia de hoxe empezaron os traballos para o novo pau da dorna Dúas Lúas. Comezamos por facer un plano a todo o longo da pau, para a continuación en vindeiras xornadas facer as catro caras coa medida xa definitiva. Cousas da vida temos un pau redondo ímolo facer cadrado para redondealo a continuación.



martes, 26 de agosto de 2014

A XIX Concentración de Combarro en Tele5

No seguinte enlace pódese ver unha reportaxe sobre a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro que Tele5 incluíu nas súas noticias do sábado a noite.


viernes, 22 de agosto de 2014

Novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas

Despois de moito buscar e barallar múltiples posibilidades dende facer un novo ata remendar o vello pau, o final demos atopado un novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas, e un poste  dos que que se utilizan para os tendidos eléctricos e telefónicos.
Agora so queda algunhas tardes de cepillo eléctrico hasta obter o diámetro axeitado, polo de pronto na parte mais grosa temos 24 centímetros e o diámetro final e de 13,5 centímetros.


Xa nivelado enriba dos cabaletes a espera de comezar o traballo.

jueves, 21 de agosto de 2014

Joaquin Vieta en Moaña

No dia de hoxe tivemos en Moaña a visita do balandro Joaquin Vieta, estivo fondeado este mediodía na enseada de Moaña. Darlle  dende aquí a benvida a nosa ria xa que agora ten o seu porto base en Vigo.


O Fisgón observando o recen chegado.

martes, 12 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais

Este sábado celebramos nosa XI Xuntanza, aínda que o tempo estaba bastante desapracible o final aguantou todo o dia sen chuvia. Pola contra o vento foi a mais a longo de todo o dia chegando pola tarde a ter que coller dous rizos no galeón. 
Chegaron embarcacións de  diversos portos da Ria de Vigo a maioría delas vellas coñecidas como novidades destacar a dorna Uxía chegada fai uns meses dende Ferrol o porto de Domaio e o choupan Terceira chegado dende Seixo, vella coñecida tamén a dorna Serea que xa ten participado en bastantes das nosas xuntanzas pero con seu anterior propietario e baixo o nome de Arao.
O igual que ocorrera no ano 2011 a marea permitiunos fondear os barcos o carón dos estaleiros a comida celebrámola no estaleiro de Casqueiro do cal facemos uso desde fai uns meses. 


Galeón Eliseo navegando a toda vela.

lunes, 11 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Transfusión Oceánica

O pasado venres dentro dos actos da nosa XI Xuntanza tivemos a presentación do libro de poesía Transfusión Oceánica do mariñeiro-poeta Xosé Iglesias.

Estivo arroupado por outros poetas que recitaron todos unha poesía relacionada co mar, as poesías estiveron acompañadas de vídeos con temas relacionados co mar.

Xosé Iglesias estivo acompañado po los poetas  Xosé Daniel Costas Currás,  María José Fernández López, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara Martínez, Nolín González,  Paco Souto e mais Daniel Rodas Chapela.

 

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Moaña vuelve a navegar hacia su pasado



Las embarcaciones, ante los astilleros históricos. // G.N.

viernes, 8 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna"

Onte a noite tivo lugar no estaleiro de Casqueiro a presentación do documental "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna" con gran afluencia de publico que mesmo sorprendeu os autores.
Un espléndido documental  relalado por cinco persoas implicadas dunha o outra maneira no mundo da dorna. O remate despois das felicitacións os autores todo mundo destacaba o curtos que se fixeran os 20 minutos do mesmo.


Os autores no momento da presentación.



Vídeo presentación de "Cadernas da Historia".

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Transfusión Oceánica

Hoxe no estaleiro de Casqueiro presentación do recital poético Transfusión Oceánica a cargo do mariñeiro poeta Xosé Iglesias as 21 horas.


Este e un vídeo da súa intervención no recital poético celebrado o ano pasado na estaleiro de Calragho con gaio da nosa X Xuntanza.

jueves, 7 de agosto de 2014

Xuntanza “Centenario da Alianza Mariñeira 1914-2014” en Cangas

Nesta pasada fin de semana estivemos navegando por augas de Cangas, na xuntanza celebrada co gaio do centenario da fundación da Alianza Mariñeira.
Foi organizado por Mar da Pedra coa colaboración da Asociación pola Memoria Histórica “28 de agosto” asistimos unha ducia de embarcacións das rias de Vigo e Pontevedra,  foron a bordo dos nosos barcos membros da Asociación pola Memoria Histórica e familiares duns represaliados da guerra civil que fixeron unha ofrenda floral na zona da Borneira onde foran fondeados o 28 de agosto do 36, despois de escoitar unhas palabras sobre ese sucesos a cargo de Camilo Camaño.



O noso bote Sueste e o fondo o buque escola da Armada Portuguesa Creoula fondeado na praia de Rodas nas illas Cíes.

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna"

Hoxe, dentro dos actos da XI Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña presentación do documental "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna". O acto comeza ás 21:30 h no estaleiro de Casqueiro.


XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Presentación Libro

Dentro dos actos programados este ano na nosa XI Xuntanza onte tocoulle o quenda a Bernardo Máiz coa presentación do seu libro Embarcacións tradicionais Galicia, pasado e presente. Durante a presentación fixo un percorrido polos diferentes temas tratados no libro, así como polas distintas tipoloxías de embarcación e súa evolución o longo da costa galega tamén falou dos movementos mariñeiros que tanto auxe tiveron na nosa comarca a principios do século XX.


Bernardo Máiz nu momento da súa intervención.

miércoles, 6 de agosto de 2014

martes, 5 de agosto de 2014

Actividades XI Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Moaña - 2014

Convidámosvos a todos a participar nas actividades que se desenrolaran esta semana dentro da XI Xuntanza de Embarcacións tradicionais de Moaña.


ACTIVIDADES
XI XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
 MOAÑA - 2014