lunes, 30 de junio de 2014

Smart Destination Rías Baixas

O pasado venres acudimos invitados pola Deputación de Pontevedra o acto de  presentación do proxecto "Smart Destination Rías Baixas".

O proxecto céntrase na creación dunha plataforma tecnolóxica intelixente de Turismo. Dito doutro xeito: un portal web que permite aos profesionais e empresarios para conectarse a través dun acceso privado  para editar a información, xerar eventos sociais e comercializar os seus produtos.

Ademais, esta plataforma de tecnoloxía tamén terá un sistema de xestión de máis de 5.000 recursos turísticos da provincia. É o maior base de datos do sector, servindo os clientes e 27 mil empresas dedicadas ao turismo e recreación na provincia.

Tratase dun proxecto piloto en España, que ten o apoio do financiamento da Unión Europea de 3 millóns de euros.

Aínda que non ía moito con nos o mundo das embarcacións tradicionais estaba representado polos membros de 4 asociacións.


O presidente da Deputación de Pontevedra nun momento da súa intervención.


Con gran esforzo por nosa parte, os que acudimos representando as embarcacións tradicionais tivemos que dar conta dos pinchos o finalizar o acto.

domingo, 29 de junio de 2014

Seguimos cos traballos.

Non so nos adicamos o curso de carpintería, entre semana seguimos a facer outros traballos  necesarios para que asociación siga adiante. Desta vez tocoulle os últimos remates o mastro do Eliseo e mais darlle minio a pequena chalana que fai auxiliar do mesmo, despois de tela rascado toda para quitar a pintura vella e ver como estaba a madeira.


Unha ollada o exterior dos estaleiros.


Facendo uso das brochas cun lasur e con minio.



sábado, 28 de junio de 2014

IX xornada do curso de carpintería.

O pasado dia 21 celebrouse unha nova xornada do noso curso de carpintaría, pasiño a pasiño a reconstrución do bote avanza. Xa empeza a haber debate entre os alumnos sobre que tipo de aparello se lle vai por, aínda que de momento nos conformámonos con velo na auga, nunca lle han de faltar un par de remos.

XIII xornada do curso de carpintería.

Celebrada o pasado dia 14, cada nova xornada os alumnos van collendo mais soltura e xa realizan tarefas mais complicadas por si sós, unha destas tarefas e a collida dos escantillóns para un perfecto axuste dos banzos.


Collendo os escantillóns cunha falsa de construción caseira.

martes, 24 de junio de 2014

Fogueiras de San Xoán

Un ano mais as fogueiras de San Xoán son punto de referencia para as embarcación tradicionais, un gran numero delas acaba os seus dias no medio dalgunha dos centos de fogueiras que se reparten o longo das nosas ribeiras.


Fogueira na praia do Con en Moaña.

domingo, 22 de junio de 2014

Visita de alumnos do centro de formación A Aixola

Un grupo de alumnos do centro de formación A Aixola visitounos aí uns dias co gaio do remate do curso de formación que efectuaron nas instalación da Aixola, o curso era de Técnicas Mixtas (madeira-poliester) no cal impartíronse 200 horas de traballo en poliéster e 100 horas de carpintaría naval.

O motivo da visita foi o de visitar os dous estaleiros que temos na Seara así como realizar un percorrido pola ria a bordo do galeón Eliseo, durante dito percorrido o mestre do curso Santiago Cancelas fíxolle entrega os alumnos dos diplomas acreditativos.


Sueste na prensa

Faro de Vigo-Presentadas 8.000 firmas para que el Concello de Moaña ejecute el proyecto del paseo de Seara


Parte del tramo en donde se pretende ejecutar el paseo, entre la Casa del mar y el edifico Salitre, al fondo. // Santos Álvarez

miércoles, 11 de junio de 2014

XII xornada do curso de carpintería.

Continúa a bo ritmo  a reconstrución do bote, os alumnos están entusiasmados con velo rematado. Xa dominan moitas das técnicas pero aínda así seguen o pe da letra as explicacións que da o carpinteiro. 
As catro horas do curso non chegan a nada, e xa algún alumno anda a planear a construción da súa propia embarcación.


Comprobando o axuste do banzo na proa.

martes, 10 de junio de 2014

Acto en defensa dos estaleiros

O pasado domingo celebrouse no estaleiro de Casqueiro un acto promovido pola Asociación de veciños e veciñas dos barrios de A Praia e A Seara de Moaña. Nun principio íase celebrar na explanada do Ferreiro pero a inestabilidade do tempo aconsellou trasladalo o estaleiro de Casqueiro.
No acto estiveron presentes representantes da maioría das asociación veciñais e culturais de Moaña así como un numeroso publico, a presenza do grupo  de gaitas da Asociación Folclórico Cultural e Xuvenil Meiramar-Axóuxeres converteu o acto nunha festa reivindicativa cunha gran animación onde tampouco faltou quen se animara co baile.


Léeo o manifesto Benxamín Riobó presidente da asociación veciñal.

viernes, 6 de junio de 2014

Sexta xornada do curso de carpintería.

Segue a reconstrución do bote, pouco a pouco os alumnos van collendo mais soltura no manexo das distintas ferramentas o que fai que cada dia se miren mais os progresos acadados no bote. Este sábado tocou cravar o banzo de babor e fasquiar un novo para o costado de estribor.

Colocando o novo banzo.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Colectivos de Moaña firman un manifiesto por la conservación de los astilleros tradicionales.


Un momento da reunión a que asistimos coma invitados.