jueves, 29 de mayo de 2014

Reparacións no mastro.

Practicamente desde que lle pousemos as velas o Eliseo os zunchos do pau non fan mais que baixar por efecto da tensión dos obenques e os estais, xa fixeramos unha reparación no ano 2010 pero non xurdiu efecto, agora decidimos unir todos os zunchos mediante unha platina soldada esperemos que esta sexa a solución definitiva.



Continuamos coas botaduras.

Este sábado seguindo coas botaduras tocoulle o Mecón voltar para o mar despois de pasar o inverno en seco e recibir  unhas boas mans de pintura, lasur e mais patente e un bote aínda novo que non necesita mais arranxos.




miércoles, 28 de mayo de 2014

Quinta xornada do curso de carpintería.

Un novo sábado e continuamos co curso, desta vez a clase empezou na praia revisando a dorna Soavela que precisa de algúns arranxos, despois cada un continuou coa tarefa que o carpinteiro lle tiña asignada uns dándolle os últimos retoque as cadernas outros rematando o banzo de estribor para poder cravalo, outros vaciando o banzo de babor e tamén preparando o minio para pintar as partes das cadernas que van en contacto cos banzos.


Revisando a dorna Soavela.

Cuarta xornada do curso de carpintería.

Pouco a pouco a reconstrución do bote marcha por bo camiño, o pasado dia 17 os alumnos continuaron coa preparación dos banzos  do bote. Primeiro fixéronlle o vaciado, despois aprenderon a quitar os escantillóns para mais tarde pasar os mesmos o banzo e xa para rematar a xornada colocouse o banzo no seu sitio con torniquetas para vaia collendo forma. 



Vaciando o banzo coa axuda do bucel.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-El Concello, Costas y vecinos del centro negocian una salida para desbloquear el paseo de Seara.


Una reunión anterior entre Fervenza y Paz-Curbera. // G. Núñez

martes, 20 de mayo de 2014

Nova incorporación a flota de Sueste

Un novo barco ven a navegar polas augas de Moaña, tratase  da  dorna nai Dúas Lúas adquirida recentemente por un grupo de socios despois de que os intentos de mercala por parte da asociación fracasaran por non conseguir reunir os cartos suficientes.

Estaba a dorna en Combarro a onde chegou a finais do verán pasado, nun dos temporais do pasado decembro concretamente a do dia 24 a cicloxenesis explosiva Dirk fixo levantar o morto onde estaba amarrada a dorna, e levouna a bater con seu casco contra a zoa da praia de Pinela.

Os danos aínda que numerosos non revisten moita gravidade basicamente algúns banzos descravados e a quilla un pouco lambida do roce coa area, o estado xeneral e bastante bo. Segun nos informaron algún dos danos producíronse na manobra de rescate na cal tiveron que intervir dous camións e unha pa escavadora, durante o rescate chegaron a cortar o mastro cunha motoserra, o dia de noiteboa coa marea enchendo non había tempo de pararse a desmontar nada.

Aínda non sabemos a fecha da súa construción, polo que nos dixeron e da  década dos 50, pero non o sabemos con seguridade xa que a fecha mais antiga que aparece na documentación e a do ano 1985 que foi cando se lle fixo o cambio de folio para pasala da 5ª a 7ª lista.



viernes, 16 de mayo de 2014

Terceira xornada do curso de carpintería.

Un sábado mais celebramos o curso de carpintería, desta volta tocou seguir aparexando as cadernas,aprender o uso da eixola e o primeiro contacto coa preparación dos banzos para que se adapten perfectamente as cadernas.


lunes, 5 de mayo de 2014

Segunda xornada do curso de carpintería.

Este sábado despois  do paron da  Pascua tivo lugar a segunda xornada do curso de carpintería, a xornada empezou cunha clase sobre o afiado da ferramenta que se ía utilizar cepillos, trenchas e mais as serras.  Despois quitáronse os banzos vellos para a continuación aparexar as cadernas como paso previo a colocación dos novos banzos.


Os alumnos atentos a clase de afiado do serrón.

domingo, 4 de mayo de 2014

O Eliseo remontando o rio Verdugo

Aproveitando a festividade do 1 de Maio e que o Eliseo aínda non ten colocado o pau organizamos unha subida polo rio Verdugo.
Aínda que nun principio tiñamos previsto levar o Eliseo so hasta Pontesampaio e continuar a partires de aí co bote o final decidimos subir directamente co galeón aproveitando en enchente da marea, sorprendeunos a anchura do rio, a existencia dun pequeno portiño cunha enseada todo feito cunha coidada cantería  o que sen dubida son vestixios dunha actividade pasada.
Conseguimos chegar ata a  ponte medieval de Cámboa 4,5 quilómetros rio arriba.


O capitán Nemo e os seus buzos buscando tesouros na enseada de San Simón