miércoles, 30 de abril de 2014

Ruth Matilda Anderson-Una americana en Cangas no 1924

Interesantes artigos escritos polo mestre de Cangas Xerardo Dasairas e aparecidos nos últimos dias na edición Morrazo do Faro de Vigo sobre a viaxe efectuada pola fotografa norteamericana Ruth Matilda Anderson por encargo da The Hispanic Society of América. Que a levou a percorrer Galicia durante os anos 1924 o 1926 non so fotografando si non que recollendo tamén moita información do modo de vida daquela época.


Facendo táboas nun estaleiro de Domaio no 1924. // Ruth Matilda Anderson

Faro de vigo-Una americana en Cangas no 1924 (I)
Faro de Vigo-A travesía da ría practicamente sós
Faro de Vigo-Unha americana en Cangas no 1924 (II)
Faro de Vigo-O mundo da pesca en Cangas


Peirao de Cangas no 1924. // Ruth Matilda Anderson

martes, 29 de abril de 2014

Nova sede para a Federación

Segundo as novas  recollida no dia de hoxe no Faro de Vigo a sede da Federación cambia de localización e trasladase para a Casa do Pescador en Cambados situada na praza da Alameda de San Tomé. Situase na antiga Casa Jovita, foi reformada na súa totalidade fai nais de unha década para deixar constancia de cal era o xeito de vivir dos pescadores da zona, os seus hábitos, costumes e vivendas. Parece que a nova directiva entra pisando forte.

Faro de Vigo-La Federación pola Cultura Marítima se muda a la infrautilizada Casa do Pescador de San Tomé


viernes, 25 de abril de 2014

Convocatoria de asamblea

En reunión da Xunta Directiva do día 24 de marzo de 2014, aprobouse realizar a convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

  Día: 26 de abril de 2014.

Lugar: Sede da Asociación de Veciños A Praia – Seara de Moaña, entrada por Ramón Cabanillas, nº 53; BAIXO A.

Hora: 18,00 horas en primeira convocatoria

         18,15 horas en segunda convocatoria.

Orde do día:

         1º.- Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior.

         2º.- Aprobación, se procede, das contas do ano 2013.

            3º.- Plan de actividades para o ano 2014.

            4º.- Xestións que leva realizando a Xunta Directiva.

            5º.- Rogos e preguntas.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Vecinos del centro presentan una alternativa al paseo de Seara con un carril bici anexo al vial.

jueves, 24 de abril de 2014

Paseo da Seara

A raíz do debate xurdido durante as xornadas que durou a exposición sobre o proxecto do paseo da Seara no dia de onte a  Asociación de Veciños A Praia - A Seara de Moaña  levou nun dos puntos da orde do dia da súa asemblea a votación dunha nova alternativa sobre o paseo, contemplando esta alternativa que o carril bici discorra pola parte interior dos estaleiros e a senda peonil nunha pasarela sobre o mar. Contou coa intervención do arquitecto que propón a nova variante e mais coa do noso presidente Pablo Martinez, a iniciativa foi aprobada por unanimidade e será presentada no pleno do próximo xoves.


 Proposta presentado pola Asociación Veciñal


O noso presidente nun momento da súa intervención.

miércoles, 23 de abril de 2014

Exposición paseo da Seara

Este pasado fin de semana foi o ultimo dos dous que tivemos aberta a exposición informativa sobre o paseo da Seara. Cunha gran afluencia de publico superando o igual que a charla informativa do pasado dia 11 todas a nosas expectativas.

Se algo nos quedou claro foi a gran desinformación que existe entre os veciños, todo mundo esta a favor do paseo  pero devido a campaña de desinformación levada a cabo dende a alcaldía os veciños pensan que o paseo que se vai facer e o proxectado polo arquitecto Juan Fernández Rivas mostrándose contrariados cando lle explicamos cal e o proxecto que se pretende facer.

O alcalde nas súas declaración ante a prensa sempre presenta o proxecto ganador do concurso o da empresa Lagares Ok pero lee a memoria do proxecto do arquitecto Juan Fernández Rivas o xa tan coñecido conto de "un carril bici de 700 metros e unha pasarela de madeira 6 metros de ancho e 200 de lonxitude, con sete novas baixadas ao mar, ordenamento do entorno da Casa do mar coa creación dun aparcamento de 48 prazas, a reparación ou renovación do pavimento de toda a zona interna pública e as dúas ramplas e escaleiras en pedra existente". Cando nada diso esta contemplado no proxecto de Lagares.


miércoles, 16 de abril de 2014

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Pulseras y barcos a modo de terapia


Los mayores en la carpintería de ribeira. // Gonzalo Núñez

Paseo da Seara charla informativa.

O pasado dia 11 celebramos no estaleiro de Casqueiro o charla informativa sobre o proxecto do paseo da Seara, cunha gran asistencia de publico que superou todas as nosas expectativas. 

Na charla falaron Pablo Martinez, presidente de Sueste, Victor Fernández  representado a FGCMF e Juan Fernández Rivas arquitecto de Moaña. 

Pablo fixo unha presentación da asociación e sobre as actividades que facemos e levamos feitas o longo dos 11 anos de vida da mesma. Victor falou sobre o patrimonio marítimo que  e por que hai que conservalo e por ultimo Juan falou da zona onde se vai facer o paseo de súa evolución o través da historia e fixo a presentación do seu proxecto.


Foto do acto. Foto by Territorio Morrazo 




lunes, 14 de abril de 2014

Visitas nos estaleiros

No dia de hoxe tivemos unha visita os estaleiro por parte de un grupo de anciáns  que están no centro de dia que a asociación AFAMO ten aquí en Moaña. AFAMO e  unha asociación sen ánimo de lucro creada por un grupo de familiares de persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias, e cuxa orixe era a necesidade de dar forma as demandas dun grupo de persoas afectadas polas consecuencias destas enfermidades.

Desta volta o grupo estaba formado por nove anciáns e catro coidadores, unha parte  das anciáns vinculadas de algunha maneira coa vida dos estaleiros unhas por que seus familiares adicáronse a pesca e outra por que seus pais ou homes adicáronse a carpintería de ribeira mesmo os pais de dúas de elas traballaran no estaleiro de Casqueiro polo que despois de visitar o estaleiro de Calragho fomos visitar o de Casqueiro onde unha delas aínda recordaba cando lle traia a comida o seu pai.



Volta a navegar

Despois de moitos meses de aturar un temporal tras outro nos que solo os barcos mais mariñeiros e as tripulacións mais atrevidas se aventuraban a saír. Por fin o bo tempo, empeza a animar a algúns dos nosos socios a navegar, xa estabamos endulzados dabondo e faltos de salitre nos corpos dando así  comenzo unha nova temporada de navegacións.



Os gameleiros coma sempre desafiando o vento e o mar.


Nos preferimos as navegacións mais tranquilas.



domingo, 13 de abril de 2014

Curso carpintería de ribeira

Onte sábado iniciouse o curso de carpintería  nas nosas instalacións do estaleiro de Calragho, o final foron oito os seleccionados para o curso, cun par de baixas este primeiro dia por motivos laborais.
Este primeiro dia serviu de toma de contacto, para que todo o mundo coñecese os distintos nomes das partes dun barco e os nomes de todas as pezas de madeira que o conforman. O carpinteiro tamén explicou como vai ser o proceso de reconstrución do bote. Catro horas de charla que non chegaron a nada.


Os alumnos atentos as explicacións do carpinteiro.


Tomando notas das explicacións para non perder detalle.

jueves, 10 de abril de 2014

miércoles, 9 de abril de 2014

Ratificación do acordo para a utilización “Estaleiro de Casqueiro”

Ante a polémica xurdida ao redor do proxecto do paseo d’A Seara, entre a Casa do Mar e O Pontillón, a Asociación Cultural e Recreativa Sueste, quere dar a coñecer a ratificación do acordo firmado no 2009 entre a nosa Asociación e os irmáns Pedro e Gonzalo Riobó Costa, usufrutuarios da concesión do “Estaleiro de Casqueiro”, dedicado á construción e reparación de embarcacións de madeira. O antedito acordo baséase nunha cooperación onde os irmáns Riobó Costa, ceden parte do espazo do estaleiro mencionado para as actividades organizadas pola Asociación Sueste.

Aproveitamos a ocasión de confusión da veciñanza, para abrir as instalacións que utilizamos e dar a coñecer os nosos proxectos a todo aquel que queira saber máis das Embarcacións Tradicionais e as Carpintarías de Ribeira. Para isto organizamos unha charla-exposición na cal contaremos coa presencia de Victor Fernández, representante da Federación Galega pola Cultura Fluvial (onde estamos federadas unhas 50 Asociacións de Embarcacións Tradicionais de toda Galicia) e Juan Fernández Rivas, arquitecto de Moaña .

O noso presidente falará do auxe e importancia da recuperación do mundo das Embarcacións Tradicionais Galegas e as actividades levadas a cabo nestes últimos anos, facendo fincapé no exitoso Encontro de Embarcacións de Galicia que se ven celebrando cada dous anos en distintos lugares da costa galega.
Por outra banda, o arquitecto Juan Fernández Rivas presentará un proxecto alternativo ao Paseo Marítimo para a Seara cunha charla explicativa e unha exposición de paneis para visualizar todo o seu traballo.

A exposición manterémola aberta os días 12, 13, 18, 19 e 20 de Abril.

Membros nosa Asociación e os irmáns Pedro e Gonzalo Riobó Costa.

martes, 8 de abril de 2014

Paseo da Seara charla informativa.

Este venres presentación e debate sobre os proxectos de paseo pola Seara en Moaña.  Darase  toda a información sobre este asunto. Algo que non é capaz de ofrecer o goberno de Moaña. Contaremos coa intervención de Victor Fernández representando a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Juan Fernández Rivas arquitecto de Moaña e Pablo Martinez presidente da Asociación Sueste.



Paseo da Seara

Noticia aparecida hoxe no faro de Vigo, o alcalde de Moaña sigue tentando de recadar apoios para sacar a diante o seu proxecto para o paseo da Seara pese o rexeitamento por parte do pleno.


 O alcalde mais a empresa Lagares OK parece que miran  cousas que os demais escápansenos.

lunes, 7 de abril de 2014

Paseo da Seara

Faro de Vigo- El PP y la redactora inician contactos con el PSOE para tratar de desbloquear el paseo de A Seara


Marta Freire, durante una intervención en el pleno en el que se rechazó el proyecto del paseo de Seara. // Gonzalo Núñez

miércoles, 2 de abril de 2014

Paseo da Seara

Faro de Vigo-El PSOE pide que los técnicos aclaren la propuesta del paseo de Seara que fue al pleno


PSOE y BNG rechazaron el proyecto presentado en pleno. // G.Núñez

Paseo da Seara- Convenio Conselleria Medio Ambiente

Ante a política de desinformación dirixida a confundir aos cidadáns sobre as intencións do goberno de Moaña sobre o proxecto do paseo da Seara, remitimos  a nota informativa da Consellería sobre o Convenio, dos que se deduce a gravidade da actuación do goberno municipal neste asunto, falsificando e mesturando proxectos para ocultar as verdadeiras intencións.
O asunto pareceu quedar claro no pleno do xoves pasado, pero as últimas informacións indican que non foi así e o Alcalde insiste e non rectifica.


Análisis do proxecto do paseo da Seara


Comparativa do proxecto de Lagares OK coa situación actual do tramo da Seara.


Comparativa do proxecto de Lagares OK con o presentado por Juan Fernández Ribas, os dous proxectos están presupuestados en 420.000€


O proxecto de presentado por Juan Fernández Ribas inclue unha ponte levadiza para que se podían seguir usando as vías de varada.



martes, 1 de abril de 2014

Paseo da Seara, un mar de despropósitos


Video do punto 8º do pleno no concello de Moaña do pasado Xoves, segun a orden do día dito punto iba tratar a expropiación parcial de 4 parcelas para poder facer o paseo marítimo.   



O alcalde trata de aprobar a expropiación sen antes aprobar o proxecto e sen decláralo de utilidad publica, o secretario faino rectificar, modificando un punto da orden do día sen comunicarllo o grupos da oposición.