lunes, 31 de marzo de 2014

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Ferreira critica la insistencia del alcalde en el proyecto de Seara

Curso de carpintaría de ribeira


ACTIVIDADE DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA

            Dentro das varias actividades que a Asociación Sueste realiza ao longo de todo o ano atópase a de mantemento e recuperación e rehabilitación das embarcacións tradicionais galegas, actividade importante para a asociación pois tenta dar a coñecer unha profesión en declive e que tivo moita importancia en Moaña e en case todos os concellos ribeirás.

A actividade de carpintaría de ribeira organizada pola asociación Sueste está aberta a todas as persoas interesadas, sexan socios da asociación ou non teñan ningún tipo de vinculación coa mesma. Levarase a cabo os sábados polas mañás, en horario de aproximadamente de 10,00 a 12,30 horas no estaleiro que a asociación usufructúa na rúa Concepción Arenal, nº 25 de Moaña, coñecido como estaleiro de “Carlagho”. Para un mellor aproveitamento  do curso e por cuestións organizativas o número de prazas vai ser moi reducido (estará limitado a unhas cinco persoas). Se o número de solicitudes fose máis numeroso poderíase pensar en organizar varias quendas de traballo. A asignación das prazas será por rigoroso orde de solicitude. O curso é totalmente gratuito, subministrando a asociación os materiais que se precisen para levar a cabo a actividade.

O programa do curso correrá a cargo dun carpinteiro de ribeira moañés que se presta a colaborar coa asociación Sueste no desenvolvemento desta actividade. A actividade pretende a recuperación dun pequeño bote, auxiliar dun barco carboeiro e que foi cedido á asociación por unha familia de Domaio. A recuperación desta embarcación ampliará a flota de embarcacións da asociación. Ademáis realizaranse outros labores de mantemento de pequenas embarcacións.



As solicitudes remitiranse por correo electrónico ao enderezo da asociación asociacionsueste@gmail.com ,indicando nome e apelidos, enderezo, correo electrónico ou teléfono de contacto, ou tamén achegándose ao estaleiro da asociación, o estaleiro de “Carlagho”. Os menores de idade estarán debidamente autorizados polos seus pais ou titores.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Fervenza intenta aprobar el proyecto de Seara, si no es en el pleno, en la junta de gobierno.


Fervenza (dhca.), con un técnico en una anteror visita a la zona donde se proyecta el paseo de Seara.

viernes, 28 de marzo de 2014