viernes, 12 de diciembre de 2014

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Sueste reclama que se paralice el proyecto del paseo de Seara que la Xunta sacó a licitación


Sueste reclama que se paralice el proyecto del paseo de Seara que la Xunta sacó a licitación.


Recuerda que derribará parte de los astilleros y exige su conservación »Se remite al voto del pleno »Alega que la Diputación invierte 800.000 euros en poner en valor el patrimonio marítimo.


Fran G. Sas Moaña 12.12.2014 /02:26

La Axencia Galega de Infraestructuras acaba de sacar a licitación por un importe de 420.141 euros el prometido paseo marítimo de Seara, que en la práctica conectará las sendas peatonales de Moaña para extenderlas sin cortes entre O Con y la isla de Samertolaméu. Sin embargo, la asociación de embarcaciones tradicionales Sueste, insiste en que este proyecto supondrá el derribo de los astilleros tradicionales -De Carlagho y de Casqueiro- en los que desempeña su trabajo, con la consiguiente pérdida del patrimonio marítimo. Ante esta situación y el riesgo de que se ciegue la salida al mar de ambas estructuras, desde Sueste insisten e reclamar la paralización de este proyecto, recordando que esa misma medida votó la mayoría del pleno de la corporación, pues la apoyaron los ediles de BNG y PSOE.
Señalan que debería llevar a cabo un proyecto consensuado por todas las partes que permita acondicionar toda la zona así como conservar y poner en valor los astilleros. Sueste está trasladando este problema a los grupos de la corporación moañesa para buscar su apoyo "e recuperar o sentido común, a cordura e a lóxica con respecto á actuación que se pretende desenvolver na Seara".
A este respecto, apuntan a la "incongruencia" que supone una actuación de este tipo y la política adoptada por la Diputación de Pontevedra "que promove e lidera o Proxecto Transfronteirizo Europeo (Proamare), cun orzamento superior aos 800.000 euros, para a posta en valor do patrimonio marítimo galego". Señalan que este proyecto tiene como principal objetivo proteger este patrimonio cultural e industrial "ante o deterioro que está a sufrir". Tanto la Asociación Sueste cono la Federación Galega pola Cultura Marítima se integran en Proamare, del que también forma parte el Centro Tecnolóxico do Mar de la Consellería do Mar.
El proyecto de paseo que está a licitación tiene abierto el plazo de presentación de ofertas hasta el día 24. La actuación se hará sobre 310 metros de costa y contempla una senda peatonal, un carril bici y una zona verde. Se hará en seis tramos distintos. Es precisamente el segundo tramo el que pasa frente a la fachada litoral de la carpintería. El proyecto de más de 700 páginas apunta a que la senda tendrá 5 metros de ancho en ese punto y contempla la demolición al menos de una de las dos carpinterías de ribeira, aunque asegura que será respuesta con una estructura de madera. Se presupuesta la remodelación de las rampas para adecuarlas a la nueva cota del paseo y en el borde se instalará una barandilla metálica. En la presentación pública del proyecto se apuntó a la posibilidad de dejar aparcado este tramo hasta la caducidad de las concesiones bajo las que operan los dos astilleros tradicionales, y que será en 2018.
Desde Sueste comprometieron recientemente su defensa de que las estructuras pasen a ser titularidad municipal si se incluyen en un proyecto de rehabilitación y musealización.
Reunión con el alcalde
En su comunicado de ayer entienden que el alcalde, José Fervenza, está ocultando información sobre el proyecto y que "mintió" al afirmar que sería reformado para preservar las carpinterías "cumprindo o que o pleno lle pediu". Asimismo, lamentan que Fervenza no les reciba "a pesar de que temos solicitado formal e públicamente un encontro". Entienden que la intención de esta postura es realizar la obra "pola vía dos feitos consumados, pisoteando os dereitos de Sueste como usuarios das instalacións".

martes, 2 de diciembre de 2014

Vivir o mar-Casqueiro e Carlagho, a memoria de Moaña

O pasado domingo emitiuse no programa Vivir o mar da TVG gravación sobre nosos estaleiros.

lunes, 17 de noviembre de 2014

XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Cabo da Cruz 2015

Xa esta dispoñible o web do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Cabo da Cruz 2015. Aínda esta en construción pero xa se poden visitar algúns dos seus contidos.



domingo, 16 de noviembre de 2014

Asemblea Xeral Ordinaria da FGCMF

O sábado celebrouse no estaleiro de Casqueiro a Asemblea Xeral Ordinaria da FGCMF, esta e a primeira vez que unha asemblea da Federación se celebra fora de Cambados onde se localiza a sede da Federación. Esta asemblea serviu de apoio labor de dende Sueste estamos a facer para a conservación dos estaleiros. 
A parte dos puntos habituais a tratar na asemblea aprobouse a incorporación de dúas novas asociacións  Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais A Torre de Cambados e Asociación Cultural Barcos do Nordés con sede en Redondela.


Visita os estaleiros programada antes da asemblea.

Roda de prensa

Con motivo da celebración da asemblea xeral da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial no noso estaleiro, convocouse de maña os medios de comunicación para un ha roda de prensa na que se leron dous manifestos en apoio dos estaleiro un por parte do noso presidente Pablo Martínez e outro por parte do presidente da Federación Manuel Sendón.


Imaxe da roda de prensa.

Notas de prensa.

Sueste na prensa

Faro de Vigo-La Federación de Cultura Marítima reclama la conservación de los astilleros moañeses.


Directivos de la Federación y de Sueste, y un representante de los concesionarios. // Gonzalo Núñez

viernes, 14 de noviembre de 2014

Sueste en Vivir o Mar

O pasa do Luns un equipo da TVG estivo gravando nos estaleiros   unha reportaxe para o programa Vivir o Mar, nel trátanse sobre a problemática xurdida pola construción do paseo marítimo da Seara. Este programa emitirase o vindeiro dia 30 as 12 horas.


Gonzalo Riobó no estaleiro de Casqueiro. 


Noso presidente no estaleiro de Calragho.

lunes, 20 de octubre de 2014

Sueste na prensa

Faro de Vigo-El PSOE pedirá que los Presupuestos Generales recojan el enlace entre el Corredor y la AP-9, la recuperación de la ensenada de Meira y la rehabilitación de los astilleros.

Esta noticia apareceu no Faro de Vigo o pasado sábado, como na edición dixital so pode ser lida polos subscritores vai un resumen da parte que mais nos interesa.

Carpinterías

La tercera de las inversiones para Moaña que reclama el PSOE  en el Congreso tiene relación con la recuperación y puesta en valor del patrimonio marítimo de la villa. Y es que exige la rehabilitación de las carpinterías de ribeira tradicionales que continúan en pie en Moaña.

Se trata de una petición formulada en múltiples ocasiones por el colectivo de recuperación de embarcaciones tradicionales Sueste, y que incluyó una polémica al entender que el proyecto para completar el paseo marítimo de Seara afectaría a las dos estructuras de este tipo ubicadas en la calle Concepción Arenal.

domingo, 19 de octubre de 2014

miércoles, 15 de octubre de 2014

Non todo vai ser navegar

Esta pasada fin de semana aproveitando o bo tempo empezamos coa reparación e limpeza do tellado do estaleiro de Casqueiro. A operación consistiu  en levantar todas as tellas para proceder a súa limpeza e cambiar algunha das madeiras que puideran estar deterioradas sobre todo algunha ripa xa que a acumulación de musgo fai que as tellas filtren humidade a madeira apodrecendo esta, empezamos pola fachada do mar por ser a que recibe toda a forza dos temporais que nos azoutan todos os invernos.


Apreciase claramente o antes e o despois da limpeza.


Xa falta menos para rematar.

Festa de Conmemoración da Batalla de Rande "Arde Rande"

O próximo sábado 18 de outubro,no entorno do museo Meirande,no estreito de Rande, organizado pola A.D.C. Rande, Museo Meirande e coa colaboración da Concello de Redondela realizarase a conmemoración da Batalla de Rande que tivo lugar o 23 de outubro de 1702.Haberá teatralizacións ambientadas na época, exhibicións de embarcacións tradicionais, visitas guiadas ao museo Meirande, e actuacións musicais.


martes, 14 de octubre de 2014

sábado, 20 de septiembre de 2014

Sueste na prensa

La voz de Galicia-Los últimos barcos de madera.



Gonzalo Riobó y su sobrino Benxamín en la puerta de la carpintería de ribera, que lucha por seguir en Moaña. Xoán Carlos Gil 

viernes, 19 de septiembre de 2014

IV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Deputación de Pontevedra. 2014 Punta Moreiras, O Grove.

Os pasados días 5, 6 e 7 de setembro celebrouse en augas do Grove concretamente en Punta Moreiras a IV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Deputación de Pontevedra, xuntanza que a Deputación volve recuperar despois duns anos de paron. Nun entorno privilexiado como e son as instalacións do Museo da Salga (antigo CIPES) foron as que acolleron os barcos e os seus tripulantes.


O Nova Jorita con súa nova imaxe.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

martes, 16 de septiembre de 2014

Paseo da Seara

Dúas noticias aparecidas nos últimos dias na prensa sobre o paseo da Seara. A pesares do rexeitamento do proxecto do paseo da Seara por parte do pleno municipal do pasado 27/03/2014 o alcalde segue cos pasos necesarios para a construción de dito paseo.

Faro de Vigo-El paseo de Seara sorteará los astilleros con una pasarela sobre el mar.

Faro de Vigo-Ethel Vázquez y Rosa Quintana firman en Moaña el convenio del paseo de Seara.


jueves, 4 de septiembre de 2014

Rescate en Combarro

Rescate dun veleiro de bandeira alemana  en Combarro durante a celebración da XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro, o cal estivo a piques de ir contra a costa o fallarlle o  morto. Nun principio tratouno de rescatar unha zodiac do Náutico pero non foron capaces polo que deron aviso a Salvamento Marítimo.


O veleiro a punto de ir contra as rochas. 

miércoles, 3 de septiembre de 2014

XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro

O fin de semana do 23 e 24 de Agosto estibemos na XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro esta vez sen barco xa que tiñamos o Eliseo cunha avaría no motor, polo cal tivemos que andar de prestado, uns fomos no RH-1 da Abelleira e outros no Ave de Paso de Bueu. 
Cunha boa participación de barcos e bo vento o sábado a tarde celebráronse as regatas de remos e da Pamplina que tiveron como vencedores respectivamente a Bicoca de Portonovo, esta vez sen Anxo a bordo, e o galeón Silma de Sanxenxo con Pedro Campos a cana.


Traíña Pescadoira con a tripulación o completo.

miércoles, 27 de agosto de 2014

Comezo do traballo do pau para a dorna Dúas Lúas

No dia de hoxe empezaron os traballos para o novo pau da dorna Dúas Lúas. Comezamos por facer un plano a todo o longo da pau, para a continuación en vindeiras xornadas facer as catro caras coa medida xa definitiva. Cousas da vida temos un pau redondo ímolo facer cadrado para redondealo a continuación.



martes, 26 de agosto de 2014

A XIX Concentración de Combarro en Tele5

No seguinte enlace pódese ver unha reportaxe sobre a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro que Tele5 incluíu nas súas noticias do sábado a noite.


viernes, 22 de agosto de 2014

Novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas

Despois de moito buscar e barallar múltiples posibilidades dende facer un novo ata remendar o vello pau, o final demos atopado un novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas, e un poste  dos que que se utilizan para os tendidos eléctricos e telefónicos.
Agora so queda algunhas tardes de cepillo eléctrico hasta obter o diámetro axeitado, polo de pronto na parte mais grosa temos 24 centímetros e o diámetro final e de 13,5 centímetros.


Xa nivelado enriba dos cabaletes a espera de comezar o traballo.

jueves, 21 de agosto de 2014

Joaquin Vieta en Moaña

No dia de hoxe tivemos en Moaña a visita do balandro Joaquin Vieta, estivo fondeado este mediodía na enseada de Moaña. Darlle  dende aquí a benvida a nosa ria xa que agora ten o seu porto base en Vigo.


O Fisgón observando o recen chegado.

martes, 12 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais

Este sábado celebramos nosa XI Xuntanza, aínda que o tempo estaba bastante desapracible o final aguantou todo o dia sen chuvia. Pola contra o vento foi a mais a longo de todo o dia chegando pola tarde a ter que coller dous rizos no galeón. 
Chegaron embarcacións de  diversos portos da Ria de Vigo a maioría delas vellas coñecidas como novidades destacar a dorna Uxía chegada fai uns meses dende Ferrol o porto de Domaio e o choupan Terceira chegado dende Seixo, vella coñecida tamén a dorna Serea que xa ten participado en bastantes das nosas xuntanzas pero con seu anterior propietario e baixo o nome de Arao.
O igual que ocorrera no ano 2011 a marea permitiunos fondear os barcos o carón dos estaleiros a comida celebrámola no estaleiro de Casqueiro do cal facemos uso desde fai uns meses. 


Galeón Eliseo navegando a toda vela.

lunes, 11 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Transfusión Oceánica

O pasado venres dentro dos actos da nosa XI Xuntanza tivemos a presentación do libro de poesía Transfusión Oceánica do mariñeiro-poeta Xosé Iglesias.

Estivo arroupado por outros poetas que recitaron todos unha poesía relacionada co mar, as poesías estiveron acompañadas de vídeos con temas relacionados co mar.

Xosé Iglesias estivo acompañado po los poetas  Xosé Daniel Costas Currás,  María José Fernández López, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara Martínez, Nolín González,  Paco Souto e mais Daniel Rodas Chapela.

 

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Moaña vuelve a navegar hacia su pasado



Las embarcaciones, ante los astilleros históricos. // G.N.

viernes, 8 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna"

Onte a noite tivo lugar no estaleiro de Casqueiro a presentación do documental "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna" con gran afluencia de publico que mesmo sorprendeu os autores.
Un espléndido documental  relalado por cinco persoas implicadas dunha o outra maneira no mundo da dorna. O remate despois das felicitacións os autores todo mundo destacaba o curtos que se fixeran os 20 minutos do mesmo.


Os autores no momento da presentación.



Vídeo presentación de "Cadernas da Historia".

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Transfusión Oceánica

Hoxe no estaleiro de Casqueiro presentación do recital poético Transfusión Oceánica a cargo do mariñeiro poeta Xosé Iglesias as 21 horas.


Este e un vídeo da súa intervención no recital poético celebrado o ano pasado na estaleiro de Calragho con gaio da nosa X Xuntanza.

jueves, 7 de agosto de 2014

Xuntanza “Centenario da Alianza Mariñeira 1914-2014” en Cangas

Nesta pasada fin de semana estivemos navegando por augas de Cangas, na xuntanza celebrada co gaio do centenario da fundación da Alianza Mariñeira.
Foi organizado por Mar da Pedra coa colaboración da Asociación pola Memoria Histórica “28 de agosto” asistimos unha ducia de embarcacións das rias de Vigo e Pontevedra,  foron a bordo dos nosos barcos membros da Asociación pola Memoria Histórica e familiares duns represaliados da guerra civil que fixeron unha ofrenda floral na zona da Borneira onde foran fondeados o 28 de agosto do 36, despois de escoitar unhas palabras sobre ese sucesos a cargo de Camilo Camaño.



O noso bote Sueste e o fondo o buque escola da Armada Portuguesa Creoula fondeado na praia de Rodas nas illas Cíes.

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna"

Hoxe, dentro dos actos da XI Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña presentación do documental "Cadernas da historia. Arte e oficio da dorna". O acto comeza ás 21:30 h no estaleiro de Casqueiro.


XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Presentación Libro

Dentro dos actos programados este ano na nosa XI Xuntanza onte tocoulle o quenda a Bernardo Máiz coa presentación do seu libro Embarcacións tradicionais Galicia, pasado e presente. Durante a presentación fixo un percorrido polos diferentes temas tratados no libro, así como polas distintas tipoloxías de embarcación e súa evolución o longo da costa galega tamén falou dos movementos mariñeiros que tanto auxe tiveron na nosa comarca a principios do século XX.


Bernardo Máiz nu momento da súa intervención.

miércoles, 6 de agosto de 2014

martes, 5 de agosto de 2014

Actividades XI Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Moaña - 2014

Convidámosvos a todos a participar nas actividades que se desenrolaran esta semana dentro da XI Xuntanza de Embarcacións tradicionais de Moaña.


ACTIVIDADES
XI XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
 MOAÑA - 2014

viernes, 11 de julio de 2014

Seguimos coas botaduras.

Desta volta tocoulle o Folkboat  Lilleø, un clásico xa con moitos anos nas cadernas. Estivo varado todo o inverno para renovar os vernices do casco e mais do mastro.




XI xornada do curso de carpintería.

Xa coas vacacións do verán a volta da esquina continúan os traballos no bote, desta volta tocoulle os banzos do codillo que devido a gran curvatura que collían tivemos que facelo en dúas pezas na parte centran embonando un banzo no outro.


Preparando o banzo para cravalo.

jueves, 10 de julio de 2014

Traballos varios

Andamos estes dias coa nova tempada xa comezada a facer os últimos traballos nos barcos da asociación.

Co pau do Eliseo a espera dunha boa marea para podelo montar, tocoulle quenda o pau da bote Sueste que partiu cun refacho de norte hai unha semana cando uns socios andaban a dar unha volta  así como a vela do mesmo que sufriu algún dano durante a rotura do pau.

Tamén pouco a pouco continuas os traballos na dorna Dúas Lúas desta volta foi primeiro unha limpeza a fondo no interior e despois acabar de masillar as  zoas que aínda estaban pendentes.


O pau rompeu a ras da cuberta polo que agora queda 60 centímetros mais curto.

martes, 1 de julio de 2014

X xornada do curso de carpintería.

Seguimos co curso de carpintería e xa van dez xornadas, cada vez aí mais independencia por parte dos alumnos e xa non lles asusta practicamente ningunha tarefa aínda que sempre pedindo a supervisión do mestre. Este sábado estiveron traballando en dous grupos uns cun banzo de estribor e os outros cun de babor para que así cada un poida mirar mellor o resultado do seu esforzo.


Facendo un banzo paso a paso. Fasquiando.

lunes, 30 de junio de 2014

Smart Destination Rías Baixas

O pasado venres acudimos invitados pola Deputación de Pontevedra o acto de  presentación do proxecto "Smart Destination Rías Baixas".

O proxecto céntrase na creación dunha plataforma tecnolóxica intelixente de Turismo. Dito doutro xeito: un portal web que permite aos profesionais e empresarios para conectarse a través dun acceso privado  para editar a información, xerar eventos sociais e comercializar os seus produtos.

Ademais, esta plataforma de tecnoloxía tamén terá un sistema de xestión de máis de 5.000 recursos turísticos da provincia. É o maior base de datos do sector, servindo os clientes e 27 mil empresas dedicadas ao turismo e recreación na provincia.

Tratase dun proxecto piloto en España, que ten o apoio do financiamento da Unión Europea de 3 millóns de euros.

Aínda que non ía moito con nos o mundo das embarcacións tradicionais estaba representado polos membros de 4 asociacións.


O presidente da Deputación de Pontevedra nun momento da súa intervención.


Con gran esforzo por nosa parte, os que acudimos representando as embarcacións tradicionais tivemos que dar conta dos pinchos o finalizar o acto.

domingo, 29 de junio de 2014

Seguimos cos traballos.

Non so nos adicamos o curso de carpintería, entre semana seguimos a facer outros traballos  necesarios para que asociación siga adiante. Desta vez tocoulle os últimos remates o mastro do Eliseo e mais darlle minio a pequena chalana que fai auxiliar do mesmo, despois de tela rascado toda para quitar a pintura vella e ver como estaba a madeira.


Unha ollada o exterior dos estaleiros.


Facendo uso das brochas cun lasur e con minio.



sábado, 28 de junio de 2014

IX xornada do curso de carpintería.

O pasado dia 21 celebrouse unha nova xornada do noso curso de carpintaría, pasiño a pasiño a reconstrución do bote avanza. Xa empeza a haber debate entre os alumnos sobre que tipo de aparello se lle vai por, aínda que de momento nos conformámonos con velo na auga, nunca lle han de faltar un par de remos.

XIII xornada do curso de carpintería.

Celebrada o pasado dia 14, cada nova xornada os alumnos van collendo mais soltura e xa realizan tarefas mais complicadas por si sós, unha destas tarefas e a collida dos escantillóns para un perfecto axuste dos banzos.


Collendo os escantillóns cunha falsa de construción caseira.

martes, 24 de junio de 2014

Fogueiras de San Xoán

Un ano mais as fogueiras de San Xoán son punto de referencia para as embarcación tradicionais, un gran numero delas acaba os seus dias no medio dalgunha dos centos de fogueiras que se reparten o longo das nosas ribeiras.


Fogueira na praia do Con en Moaña.

domingo, 22 de junio de 2014

Visita de alumnos do centro de formación A Aixola

Un grupo de alumnos do centro de formación A Aixola visitounos aí uns dias co gaio do remate do curso de formación que efectuaron nas instalación da Aixola, o curso era de Técnicas Mixtas (madeira-poliester) no cal impartíronse 200 horas de traballo en poliéster e 100 horas de carpintaría naval.

O motivo da visita foi o de visitar os dous estaleiros que temos na Seara así como realizar un percorrido pola ria a bordo do galeón Eliseo, durante dito percorrido o mestre do curso Santiago Cancelas fíxolle entrega os alumnos dos diplomas acreditativos.