domingo, 21 de julio de 2013

De O Freixo a Combarro

O sábado 20 de xullo,  trasladamos o Eliseo dende o porto de O Freixo, onde se acudira o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ata o porto de Combarro, onde vai celebrarse a XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais de  Combarro  , do 24 ao 28 de xullo.
O Eliseo levaba atracado en O Freixo dende a fin de semana pasada que rematou o XI Encontro. Saímos de O Freixo arredor das dez da mañá para chegar a Combarro a iso das seis e media da tarde. Navegamos a motor toda a xornada, axudados polo foque e o trinquete unha vez que viramos a punta de Corrubedo e o vento entrounos algo favorable.


Esta e a rota que seguimos, foron 40,2 millas a unha velocidade media de 4,8 nos.


O Eliseo quedou fondeado en Combarro a espera da súa concentración.

Camiño de O Freixo

O pasado mércores, día 10, fixemos a viaxe dende Moaña ata O Freixo onde se celebra o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre os días 11 e 14 de xullo.
A saída, prevista nun principio para o Sábado día 6, tivo que ser posposta por problemas eléctricos no cadro das bombas do Eliseo.
As previsións meteorolóxicas presaxiaban unha travesía aburrida con pouco vento e moita calor. Saímos de Moaña ao despuntar o día e, cando apenas levabamos navegados quince minutos, caeu sobre a ría unha mesta néboa que nos acompañaría xa toda a travesía ata a entrada da ría de Muros-Noia.


miércoles, 3 de julio de 2013

Calafateando o Eliseo

Hoxe, 3 de xullo, comezouse a calafatear a cuberta do Eliseo. Esta obra está sendo realizada polos operarios da Carpintaría de ribeira Vicente & Tito, que ten o seu taller en San Adrián de Cobres. Esta obra forma parte das obras subvencionadas polo Programa Proamare.
O traballode calafateo consiste en tapar as xuntas das táboas que conforman a cuberta do barco, de maneira que impida o paso da auga á bodega, tanto doce como salgada, e lograr así a estamnqueidade pola cuberta. Para iso, o carpinteiro introducirá entre cada dúas táboas a suficiente estopa ben prensada. Posteriormente, recobrirase a estopa con brea ou outro material para impermeabilizala. Estes traballos adoitanse realizar no verán, especialmente a finais, que é cando se atopan as táboas da cuberta máis separadas entre elas debido á calor.
Na foto pódese aprezar a estopa, os ferros de calafatear e o martelo.