sábado, 25 de mayo de 2013

Cristobal Colón, ¿galego?. Si.

Lin estes días algunha nova na prensa referente á validez dos documentos esgrimidos no apoio de Colón pontevedrés.
O avó dunha compañeira de traballo, no colexio Abrente de Portonovo, e tamén amiga, don Celso García de la Riega, foi o iniciador da hipotese de Cristobal Colón galego. Posteriormente, Alfonso Philippot, vigués, recolleu esta teoría ampliándoa á identidade de Colon como Pedro Madruga, señor de Soutomaior.
A tese de Celso García de la Riega, defendendo o nacemento de Cristobal Colón en Poio - Pontevedra, baseouse en varios puntos:
1º  Os documentos atopados nos cales aparecen Nicolás Oderigo, Bartolomé Colón Domingo de Colón, el Mozo , Domingo de Colón el Viejo, María de Colón, Blanca de Colón, Cristobo de Colón, Juan y Constanza de Colón, Benjamín Fonterosa, Jacob Fonterosa, Abrahán Fonterosa e o seu fillo. En total 16 documentos que falan de alugueres, vendas etc. Máis tarde, aparecerían outros pero non foron coñecidos por D. Celso.
2º A lingua empregada por Colón tanto escrita como falada na cal aparecen moitas voces galegas e non portuguesas. Nas notas que soía facer dos libros que lía aparecen escritas palabras galegas.
3º Os nomes que lle ía poñendo aos distintos puntos xeográficos consonte os ía descubriendo. Todos estes datos contemprados por separado ao mellor non darían ningún significado pero contemprados en conxunto entranan unha gran casualidade, tendo en conta que todos aparecen en Pontevedra e nas zonas de arredores e de outros puntos de Galicia o cal non deixa de ser curioso, por iso foi un dos puntos da teoría de Colón galego.
A nova é a seguinte:

Faro de Vigo - Los documentos de De la Riega son de la época de Colón y en ellos aparece la familia De Colón

tamén esta fai referencia ao mesmo tema:

Faro de Vigo - ´Es llamativo pensar que era genovés si se tiene en cuenta que no hablaba italiano´ 

Para máis información sobre este tema hai varios blogs moi interesantes, entre outros:

COLONIANOS - Celso García De La Riega partes 1,2,3 é 4



sábado, 18 de mayo de 2013

VIII Feira Tradicional Arte na Illa

O pasado domingo, día 12 de maio, a Asociación Sueste participou na xornada da VIII Feira Tradicional Arte na Illa, organizada pola Asociación Axóuxeres, e levada a cabo na illa de Samertolameu. A Asociación Sueste colaborou cun stand coa exposición de fotos da rehabilitación do galeón Eliseo e a venda de cortaventos, suadeiras e camisetas da asociación, tamén coa participación do propio galeón Eliseo realizando singraduras.
Das catro singraduras previstas, dúas foron co aforo completo, a das once da mañá e a das cinco e media da tarde. Polas manifestacións dos participantes foi todo unha grata experiencia, tamén para aqueles que foran mariñeiros profesionais no seu momento.

lunes, 13 de mayo de 2013

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo - Outes 2013

Xa esta dispoñible a paxina web do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo - Outes 2013, na cal xa e posible inscribir os barcos que queiran participar. Pouco a pouco vaise ir  enchendo con mais contidos e noticias sobre o XI Encontro.

lunes, 6 de mayo de 2013

Sueste nunha revista canaria

Paga a pena, moitas veces, tirar de hemeroteca para lembrar actividades que a asociacíón Sueste realizou; como este da Consellería de Presidencia, Xustiza e Igualdade do goberno canario sobre os Campos de Traballo de Moaña, organizados por Sueste.


Jóvenes Canarios participan en Galicia en un campo de trabajo que restaura embarcaciones tradicionales.