domingo, 21 de abril de 2013

Navegación dende Málaga

Búscase unha persoa que queira navegar a vela dende Málaga. Precísase a alguén que teña tempo, saiba navegar a vela e queira ir con outras persoas a buscar un veleiro de 12 metros a Málaga para subilo ata a nosa ría.
Os que estean interesados, enviade un correo ao da Asociación Sueste. asociacionsueste@gmail.com.
É urxente.

domingo, 14 de abril de 2013

Programación actividades 2013

En Asemblea  Ordinaria, celebrada o día 13 de abril, foron aprobados os proxectos para o ano 2013:
- Organización e realización dun curso para preparar os exames para a obtención do título de Patrón de embarcacións de recreo PER, en colaboración coa Escola Velamorrazo.
- Planificación e organización da X Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Agosto 2013.
- Planificación e organización, se se dispón da axuda solicitada á Deputación, dunha regata de galeóns. Agosto 2013.
- Participación en ARTE NA ILLA. 12 de maio.
- Solicitude de declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón Eliseo.
- Organización de regata de botes e dornas.
- Organización dun curso de navegación tradicional.
- Realización de obras de mantemento do galeón Eliseo.

Nesta asemblea aprobáronse as contas correspondentes ao exercicio 2012, así como tamén outros asuntos.