domingo, 27 de octubre de 2013

XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Os pasados dias 16, 17 e mas 18 de Agosto asistimos o encontro de Bueu co galeón, o venres aproveitando que estabamos en Bueu fomos cenar xurelos a Aguete invitados polos amigos de Ronsel. Xa o sábado tocou navegar, este ano a carpa da festa do polbo con estaba colocada o carón da lonxa como de costume senón na zona das Lagoas. O domingo xa tocaba retirada xaimos co Eliseo  non para velear que non había nada de vento senón para dar un remolque a Capitana dos amigos de Ronsel que ían vogando cara Aguete. O Eliseo quedou amarrado en Bueu que o fin de semana seguinte tiñamos que ir a volta o mar en Sanxenxo.


Parece que estean esperando que alguén lles de a saída.

viernes, 11 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña

Un ano mais celebramos a nosa xuntanza, e xa van dez. Foi pasado 10 de Agosto, contou a participación dun bo numero de barcos chegados de todos os puntos da ria e algúns da ria veciña.
Como novidades tivemos a dorna de tope Reiboa e mais a Begoña que aínda que con moitos anos nas súas cadernas e a primeira vez que acuda a unha xuntanza, e unha dorna  atípica que mistura os dous tipos de construción, a tope coa  táboa de cubrir de escarba, aparellada con cangrexa e foque.
E  dia non deu para moito mais navegación pola maña comida no estaleiro coma de costume amenizada este ano polo son das gaitas e pola tarde unha pequena regata de todos contra todos.


A falta de vento foi norma  longo do dia.

jueves, 10 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais - Presentación literaria.

O xoves 8 de agosto, continuando coas actividades, presentamos o libro de Anxo Angueira, Iria, publicado por Edicións Xerais de Galicia. 
Nesta novela nárrase a historia do último galeón a vela que surcou as augas do Ulla a finais dos anos 60 transportando todo tipo de mercadorías. Queríamos sinalar un dato significativo e que á vez nos enche de orgullo; nas páxinas desta novela aparece citado en dúas ocasións o galeón Eliseo, embarcación que, como sabedes, foi restaurada pola nosa asociación e segue surcando as aguas igual que o facía fai 100 anos, do cal nos sentimos moi orgullosos. 
Anxo Angueira disfrutou navegando con nós no Eliseo pola ría de Vigo nunha fermosa tarde de agosto; era a primeira vez que navegaba nun galeón. Pola noite el, coas súas palabras, levounos a navegar a nós no Iria polas augas do Ulla e da ría de Arousa.


Anxo Angueira levando a cana do Eliseo.

miércoles, 9 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais - Intervención poética.


O mércores 7 de agosto asistimos no estaleiro de Carlagho a un impresionante acto poético e musical organizado pola Asociación Sueste dentro das actividade programadas no X Encontro de embarcacións tradicionais. Inaugurou o acto o noso presidente da asociación, Pablo Martínez.
O poeta moañés Daniel Costas, o coruñés Xosé Iglesias (o cal acompañou o recitado dun dos seus poemas co son dunha potente buguina) e a luguesa Mª José Fernández recitaron os seus poemas e os de outros autores galegos nos que estaba presente o mar. A poesía estivo acompañada da música; o dúo 2nafronteira foi o encargado de emocionarnos coas súas versións musicadas de poetas galegos como Rosalía de Castro.
O mar de Vigo estivo presente en todo momento como fermoso fondo do escenario.

lunes, 23 de septiembre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais. Portas Abertas no estaleiro de Carlagho

Tras as vacacións de verán a blog volve a actividade para contar todo o que fixemos neste algo mais dun mes que leva parado.
Como ven sedo habitual nos últimos anos coincidindo coa celebración de nosa xuntanza, durante a semana previa facemos unhas xornadas de portas abertas o estaleiro. Co fin principal de darnos a coñecer un pouco mais e que a xente poida ollar a labor que facemos durante todo o ano.



domingo, 11 de agosto de 2013

Sueste na prensa

Noticias aparecidas noFaro de Vigo sobre a celebración de nosa X Xuntanza de embarcacións tradicionais.

Faro de Vigo-El décimo Encontro de Embarcacións Tradicionais reúne este año 20 naves.

Faro de Vigo-Una quincena de naves tradicionales surcan la ría en una ruta sin viento.



Algunas de las embarcaciones en la ruta de la mañana. // Santos Álvarez

jueves, 8 de agosto de 2013

Presentación literaria

Esta tarde as nove terá lugar no estaleiro de Carlagho a presentación por parte de Anxo Angueira do seu libro "Iria".


Recordade tamén que a partires das sete teremos unha nova xornada de portas abertas no estaleiro.


Nova imaxe do estaleiro

Andamos moi atarefados esta semana: recitais, presentacións, xuntanza ... aínda así fixemos un pequeno oco para ocuparnos da imaxe do estaleiro.
Primeiro tocoulle a pintura da fachada e hoxe colocamos uns carteis para que se saiba onde estamos e  que facemos,  a pesares de que xa lévamos  dez anos no estaleiro moita xente aínda non sabe de nosa presencia aquí.


Non e polo BMW senón polos carteis do estaleiro.


Imaxe do cartel pequeno.

martes, 6 de agosto de 2013

Actividades X Xuntanza Embarcacións Tradicionais

Esta semana coincidindo ca celebración de nosa X Xuntanza de Embarcación Tradicionais desenrolamos varias actividades mais, xornadas de portas abertas no estaleiro onde haberá proxección de fotos das distintas actividades nas que ten participado a asociación, exposición de fotos sobre a restauración do galeón Eliseo así coma diversas embarcacións expostas, recital poético a bordo do Eliseo estando este varado moi preto do paseo marítimo a altura do palco da musica, presentación do libro Iria de Anxo Angueira e xa para rematar o sábado a X Xuntanza.

Cartel da semana de actividades.


Cartel da intervención poética


lunes, 5 de agosto de 2013

Sueste na prensa

Nova do Faro de Vigo dando conta da presentación da X Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.

Las embarcaciones tradicionales se dan cita por décimo año consecutivo en Moaña.


   Venxamín Riobó, Pablo Martínez, Celso Coloret y Juan Álvarez, miembros de Sueste // Gonzalo Núñez

El "Eliseo" será el búque insignia de la xuntanza.



domingo, 4 de agosto de 2013

IV Mostra das Tradicións Mariñeiras. A Guarda 2013. Un mar de tesouros

Este pasado fin de semana tamén tivemos algún dos nosos barcos na  IV Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrada na Guarda, desprazamos tres dos nosos barcos pequenos o bote Sueste, a buceta e mais unha de nosas chalanas que formaron parte dunha exposición en seco o longo do paseo marítimo.


Cartel da mostra.



A buceta varada no paseo marítimo da Guarda.

XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro 2013

Un ano mais acudimos a Combarro para participar na súa XVIII Concentración, aproveitando que o Eliseo estaba no Freixo xa o levamos para Combarro o fin de semana anterior a súa concentración.
Foi unha fin de semana de mal tempo e moito vento, vento dabondo para impedir navegar incluso os grandes da flota.
Anulouse a regata da Pamplina e a piques estivo de anularse a de remo que contou coa Habana como  gañadora. Na tarde do sábado so tres dornas se atreveron a navegar pese a forza do vento,  unha delas puido entrar por seus propios medios no porto de Combarro, outra acabou sendo remolcada por protección civil y a ultima varada na zona da Seca.
Todo o que non se puido facer no mar foi suplido polo bo facer dos amigos de Reiboa e Bouréante.


Intrépido gameleiro sendo seducido polo bo navegar da Reiboa.

Sueste na prensa

Reseña e foto sobre o Eliseo con motivo da celebracion da XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro 2013

Y la tradición marinera se convirtió en un hobby


Una de las embarcaciones participantes. // Rafa Vázquez

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Seguimos con mais fotos do Encontro esta vez do Domingo.


Tiago de Mar da Pedra patroneando a  gamela guardesa.


Queca na proa da Paza de Rabo

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Xa pasaron vinte dias do remate do XI Encontro sendo hora de facer unha pequena crónica. Esta edición dos Encontros de Galicia realizouse no Freixo.  O Freixo, parroquia do concello de Serra de Outes, foi berce de grandes construtores de barcos, a súa sona foi expandiuse por todo o litoral galego.

A distancia nos fixo andar algo escasos de tripulación pero sempre hai sente dabondo esperando para embarcar.  Barcos  de  todo tipo chegados de toda Galicia, País Basco e Cataluña. 
As actividades neste XI Encontro  foron, como sempre, moi amplas e variadas, concertos de música, recitais de poesía, exposicións, conferencias e, por suposto, navegaciónsCon menos barcos que en outras ocasións pero co mesmo bo anviente de sempre por parte das tripulacións. Foron catro dias de moito navegar,  troulear e pouco dormir.


Preparación do racú Tirana para súa botadura.

domingo, 21 de julio de 2013

De O Freixo a Combarro

O sábado 20 de xullo,  trasladamos o Eliseo dende o porto de O Freixo, onde se acudira o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ata o porto de Combarro, onde vai celebrarse a XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais de  Combarro  , do 24 ao 28 de xullo.
O Eliseo levaba atracado en O Freixo dende a fin de semana pasada que rematou o XI Encontro. Saímos de O Freixo arredor das dez da mañá para chegar a Combarro a iso das seis e media da tarde. Navegamos a motor toda a xornada, axudados polo foque e o trinquete unha vez que viramos a punta de Corrubedo e o vento entrounos algo favorable.


Esta e a rota que seguimos, foron 40,2 millas a unha velocidade media de 4,8 nos.


O Eliseo quedou fondeado en Combarro a espera da súa concentración.

Camiño de O Freixo

O pasado mércores, día 10, fixemos a viaxe dende Moaña ata O Freixo onde se celebra o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre os días 11 e 14 de xullo.
A saída, prevista nun principio para o Sábado día 6, tivo que ser posposta por problemas eléctricos no cadro das bombas do Eliseo.
As previsións meteorolóxicas presaxiaban unha travesía aburrida con pouco vento e moita calor. Saímos de Moaña ao despuntar o día e, cando apenas levabamos navegados quince minutos, caeu sobre a ría unha mesta néboa que nos acompañaría xa toda a travesía ata a entrada da ría de Muros-Noia.


miércoles, 3 de julio de 2013

Calafateando o Eliseo

Hoxe, 3 de xullo, comezouse a calafatear a cuberta do Eliseo. Esta obra está sendo realizada polos operarios da Carpintaría de ribeira Vicente & Tito, que ten o seu taller en San Adrián de Cobres. Esta obra forma parte das obras subvencionadas polo Programa Proamare.
O traballode calafateo consiste en tapar as xuntas das táboas que conforman a cuberta do barco, de maneira que impida o paso da auga á bodega, tanto doce como salgada, e lograr así a estamnqueidade pola cuberta. Para iso, o carpinteiro introducirá entre cada dúas táboas a suficiente estopa ben prensada. Posteriormente, recobrirase a estopa con brea ou outro material para impermeabilizala. Estes traballos adoitanse realizar no verán, especialmente a finais, que é cando se atopan as táboas da cuberta máis separadas entre elas debido á calor.
Na foto pódese aprezar a estopa, os ferros de calafatear e o martelo.


viernes, 28 de junio de 2013

Adhesión ao Foro Proamare

O xoves, 27 de xuño, a Asociación Sueste adheriuse ao foro Proamare: a rede vital do mar. No acto estiveron moitas entidades galegas e portuguesas relacionadas coas actividades no mar. A asociación Sueste terá a consideración de entidade fundadora.
A finalidade da Rede Proamare é a defensa do patrimonio marítimo conxunto de Portugal e Galicia.

Foro Proamare, a Rede vital do Mar

miércoles, 19 de junio de 2013

Las embarcaciones tradicionales ante el nuevo milenio

Na paxina web do Museo Naval de San Sebastián, pódese baixar un libro que fai unha análise sobre o futuro que lle espera as embarcacións tradicionais. Facendo un repaso pola situación das mesmas nos distintos países a si como nas diferentes zonas do noso pais, igualmente analiza algunhas tipoloxías propias do Cantábrico. Aínda que xa e un libro algo antigo ten contidos interesantes.

Las embarcaciones tradicionales ante el nuevo milenio

martes, 11 de junio de 2013

Preparando os botes para o verán

Estivemos estes últimos dias bastante atarefados no estaleiro preparando os botes para a botadura que se fixo o sábado pola tarde coincidindo coa marea. No Sueste tivemos que cambiar un anaco de un banzo que dende fai un par de anos sempre facía auga.

lunes, 10 de junio de 2013

As orixes da pesca do bacallau en Terranova

Interesantes artigos publicados no Faro de Vigo, edición de Pontevedra, sobre as orixes da pesca do bacallau en Terranova.

Para ler máis.

Faro de Vigo - Los ciclos pesqueros y las campañas de Terranova

Faro de Vigo - Las campañas de Terranova (II)

sábado, 25 de mayo de 2013

Cristobal Colón, ¿galego?. Si.

Lin estes días algunha nova na prensa referente á validez dos documentos esgrimidos no apoio de Colón pontevedrés.
O avó dunha compañeira de traballo, no colexio Abrente de Portonovo, e tamén amiga, don Celso García de la Riega, foi o iniciador da hipotese de Cristobal Colón galego. Posteriormente, Alfonso Philippot, vigués, recolleu esta teoría ampliándoa á identidade de Colon como Pedro Madruga, señor de Soutomaior.
A tese de Celso García de la Riega, defendendo o nacemento de Cristobal Colón en Poio - Pontevedra, baseouse en varios puntos:
1º  Os documentos atopados nos cales aparecen Nicolás Oderigo, Bartolomé Colón Domingo de Colón, el Mozo , Domingo de Colón el Viejo, María de Colón, Blanca de Colón, Cristobo de Colón, Juan y Constanza de Colón, Benjamín Fonterosa, Jacob Fonterosa, Abrahán Fonterosa e o seu fillo. En total 16 documentos que falan de alugueres, vendas etc. Máis tarde, aparecerían outros pero non foron coñecidos por D. Celso.
2º A lingua empregada por Colón tanto escrita como falada na cal aparecen moitas voces galegas e non portuguesas. Nas notas que soía facer dos libros que lía aparecen escritas palabras galegas.
3º Os nomes que lle ía poñendo aos distintos puntos xeográficos consonte os ía descubriendo. Todos estes datos contemprados por separado ao mellor non darían ningún significado pero contemprados en conxunto entranan unha gran casualidade, tendo en conta que todos aparecen en Pontevedra e nas zonas de arredores e de outros puntos de Galicia o cal non deixa de ser curioso, por iso foi un dos puntos da teoría de Colón galego.
A nova é a seguinte:

Faro de Vigo - Los documentos de De la Riega son de la época de Colón y en ellos aparece la familia De Colón

tamén esta fai referencia ao mesmo tema:

Faro de Vigo - ´Es llamativo pensar que era genovés si se tiene en cuenta que no hablaba italiano´ 

Para máis información sobre este tema hai varios blogs moi interesantes, entre outros:

COLONIANOS - Celso García De La Riega partes 1,2,3 é 4



sábado, 18 de mayo de 2013

VIII Feira Tradicional Arte na Illa

O pasado domingo, día 12 de maio, a Asociación Sueste participou na xornada da VIII Feira Tradicional Arte na Illa, organizada pola Asociación Axóuxeres, e levada a cabo na illa de Samertolameu. A Asociación Sueste colaborou cun stand coa exposición de fotos da rehabilitación do galeón Eliseo e a venda de cortaventos, suadeiras e camisetas da asociación, tamén coa participación do propio galeón Eliseo realizando singraduras.
Das catro singraduras previstas, dúas foron co aforo completo, a das once da mañá e a das cinco e media da tarde. Polas manifestacións dos participantes foi todo unha grata experiencia, tamén para aqueles que foran mariñeiros profesionais no seu momento.

lunes, 13 de mayo de 2013

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo - Outes 2013

Xa esta dispoñible a paxina web do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo - Outes 2013, na cal xa e posible inscribir os barcos que queiran participar. Pouco a pouco vaise ir  enchendo con mais contidos e noticias sobre o XI Encontro.

lunes, 6 de mayo de 2013

Sueste nunha revista canaria

Paga a pena, moitas veces, tirar de hemeroteca para lembrar actividades que a asociacíón Sueste realizou; como este da Consellería de Presidencia, Xustiza e Igualdade do goberno canario sobre os Campos de Traballo de Moaña, organizados por Sueste.


Jóvenes Canarios participan en Galicia en un campo de trabajo que restaura embarcaciones tradicionales.

domingo, 21 de abril de 2013

Navegación dende Málaga

Búscase unha persoa que queira navegar a vela dende Málaga. Precísase a alguén que teña tempo, saiba navegar a vela e queira ir con outras persoas a buscar un veleiro de 12 metros a Málaga para subilo ata a nosa ría.
Os que estean interesados, enviade un correo ao da Asociación Sueste. asociacionsueste@gmail.com.
É urxente.

domingo, 14 de abril de 2013

Programación actividades 2013

En Asemblea  Ordinaria, celebrada o día 13 de abril, foron aprobados os proxectos para o ano 2013:
- Organización e realización dun curso para preparar os exames para a obtención do título de Patrón de embarcacións de recreo PER, en colaboración coa Escola Velamorrazo.
- Planificación e organización da X Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Agosto 2013.
- Planificación e organización, se se dispón da axuda solicitada á Deputación, dunha regata de galeóns. Agosto 2013.
- Participación en ARTE NA ILLA. 12 de maio.
- Solicitude de declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón Eliseo.
- Organización de regata de botes e dornas.
- Organización dun curso de navegación tradicional.
- Realización de obras de mantemento do galeón Eliseo.

Nesta asemblea aprobáronse as contas correspondentes ao exercicio 2012, así como tamén outros asuntos.

jueves, 28 de marzo de 2013

Convocatorias de Asembleas


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


                        Día: 12 de abril de 2013.

                        Lugar: Sede da Asociación de Veciños A Praia – Seara de Moaña, entrada por Ramón Cabanillas, nº 53; BAIXO A.

                        Hora: 18,00 horas en primeira convocatoria

                                  18,15 horas en segunda convocatoria.

                        Orde do día:

                                  1º.- Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior.

                                  2º.- Aprobación, se procede, das contas do ano 2012.

3º.- Plan de actividades para o ano 2013.

4º.- Xestións que leva realizando a Xunta Directiva.

5ª.- Rogos e preguntas.

                       

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

 

                        Día: 12 de abril de 2013.

                        Lugar: Sede da Asociación de Veciós A Praia – Seara de Moaña, entrada por Ramón Cabanillas, nº 53; BAIXO A.

                        Hora: Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria.

                        Orde do día:

                                 1º.- Modificación e ampliación, se procede, de algún artigo dos  Estatutos da Asociación Sueste.

miércoles, 27 de marzo de 2013

As mexiloeiras

Interesante artigo de prensa publicado hai varios anos, e recuperado polo blog delmorrazo, podes pinchar aquí:

ORIGEN DE LAS BATEAS DE MEJILLON EN LA RIA DE VIGO

domingo, 3 de febrero de 2013

Sueste na prensa

No día de hoxe sae publicada unha reportaxe sobre as carpinterías de ribeira na Voz de Galicia para a cal estiveron facendo fotos hai uns días no estaleiro.


Voz de Galicia - Carpinteiros do Mar