miércoles, 2 de noviembre de 2011

Temporal na ria


Un forte temporal de vento e mar que se levantou a media mañá esnaquizou o bote que nos doaran hai uns días, as dúas péquenas chalanas que usamos de auxiliares resistiron mellor a forza do mar por estar amarradas a un morto e non a un rizón coma o bote, pero aínda así acabaron afundidas pola forza do mar.
O outro bote amarrado o noso carón saía mellor parado xa que a pesar de fallar tamén o seu fondeo só sufriu danos menores por atoparse nunha zona máis protexida.
Nun principio parece que os grandes danos sufridos van facer  difícil a súa recuperación.


martes, 25 de octubre de 2011

Bote de Cesantes

Hai uns días mandáronnos recado ir a buscar un bote de Cesantes que se atopa na enseada do Con. Levábamos algúns anos detrás deste bote pero pedían un prezo moi elevado por el, aínda que pertencía a un mariñeiro o bote levaba algúns anos fondeado sen uso polo cal estaba algo deteriorado.
Nunha primeira inspección miramos que o temporal de fai uns dias arrincoulle parte do espello, polo cal ante o perigo de que se afundira decidiron doalo a asociación.


martes, 11 de octubre de 2011

Reparación da verga

Sen perder tempo hoxe fixemos reparación da verga, o primeiro buscar un pau axeitado para empalmarlle ( un pau que Manolo tiña a secar para o seu bote foi a medida). Despois facerlles un chaflan de case un metro e por ultimo colalos para mañá repasar todo, intentando que este lista para a fin de semana que hai unha saída prevista cos socios.


lunes, 10 de octubre de 2011

Rotura da verga

Hoxe pola tarde aproveitando que sopraba unha brisa do norte e o bo día que estaba, saímos a navegar co Eliseo.
Cando xa viñamos de regreso,  o vento foi subindo de forza, estando  altura da praia de Limens os fortes refachos ían cada vez a mais polo que decidimos coller dous rizos a vela maior.
Xa co vela de novo arriba a navegación foise moito mais tranquila, apenas 15 minutos despois un forte  refacho de vento seguido do ruído de tronzar da madeira fixo que todos levantaramos a vista para mirar a verga en dous cachos.


sábado, 8 de octubre de 2011

Naufraxio do Centoleira

O naufraxio do Centoleira, ocorrido o 5 de xaneiro de 1964, volveu tinguir de negro a vila de Moaña, neste enlace pódese ampliar a información, http://www.delmorrazo.com/tribuna/naufraxio-do-centoleira.html.

martes, 30 de agosto de 2011

XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais en Combarro

Estivemos este fin de semana en Combarro participando na súa XVI edición, cunha boa organización coma nos teñen acostumados tanto en terra coma no mar. Foi unha fin de semana chea de actividades, festa e sobre de todo navegacións.




sábado, 27 de agosto de 2011

X Encontro Embarcacións Tradicionais Carril 2011

X Encontro de Embarcacións Tradicionais celebrado no porto de Carril entre os dias 30 de Xuño e o 3 de Xullo do  2011.

Voluntarias cantando a canción tradicional Fisterra na carpa do comedor durante o acto de despedida.




martes, 23 de agosto de 2011

XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

O fin de semana celebraron en Bueu a súa decimo quinta xuntanza de embarcacións, asistimos co Eliseo o mais salientable foi ausencia de vento para poder navegar.


miércoles, 17 de agosto de 2011

Mércores de navegación

Animados polos amigos de Bouzas hoxe mércores saímos a navegar pola ria na súa compaña.


martes, 16 de agosto de 2011

Sueste na prensa


Faro de Vigo - Singladura con tradición

VIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña

O pasado fin de semana celebramos nosa VIII Xuntanza, que contou coma nos anos anteriores nunha ampla representación de barcos chegados de todos o recunchos da ria.

Este ano  novidade foi que aproveitando a marea os barcos puideron amarrar o carón do estaleiro par celebrar a comida no mesmo.


jueves, 11 de agosto de 2011

Barcos que dejan huella. La vela

Hoxe celebrouse no estaleiro a presentación do libro Barcos que dejan huella. La vela, escrito por Lino Pazos. Escritor e investigador de todo o que sexa relacionado co mar.


viernes, 22 de julio de 2011

XX anos da construción da Nova Marina

No dia de onte celebrouse en Caldebarcos un acto polos vinte anos da recuperación da lancha xeiteira Nova Marina.

Lela da Fontevella e o seu fillo seminarista foron os encargados de conducir o acto, fóronlle dando paso o alcalde de Carnota, Pablo Carrera director do museo do mar, Luís Rey presentando o ultimo numero da Ardentía e por ultimo a Victor  presidente da Federación.

Victor fixo presentación da homenaxe que se lle rendeu a  Francisco de Lado, o carpinteiro de ribeira que se ocupara no seu dia dos traballos de reforma na Marina, que foi peza clave para o achádego do pecio,e de información para os traballos posteriores para a elaboración da réplica, a nova Marina.



O seminarista con parte da familia do Sr. Cambeiro

domingo, 10 de julio de 2011

Encontro de Carril en 3D

No encontro lévamos a un tripulante facendo fotos en 3D pertence a produtora Hipotálamo Films con sede en Vilagarcía e a súa vez  o departamento Hipo 3D especializado en la fotografía y el vídeo profesional 3D. Acaban de poñer  entrada do encontro na súa web aínda que de momento con só unha foto para abrir boca.


Recordade que son necesarias unhas gafas como estas para ver o efecto 3D.


lunes, 4 de julio de 2011

X Encontro, Carril 2011



Na praia da Covacha, estaba a cuberta do obradoiro de carpintería de ribeira, na compaña das dornas varadas.

sábado, 2 de julio de 2011

X Encontro, Carril 2011

Hoxe levamos o galeón dende Vilanova onde quedou pola semana hasta Carril o X encontro xa esta en marcha. Co Nova Sofia en cabeza (era o que sabia o camiño)o RH nº1 a seguir e nos na retagarda por ser o mais lento.

 Eliseo e Industrial 172 anos de historia compartindo pantalan..

domingo, 26 de junio de 2011

Previa X Encontro en Vilaxoán

Xa rematamos en  Vilaxoán a unha semana do X Encontro. Os pantalans estan ateigados de barcos e a organización esta sendo impecable. Todo promete cara o encontro.


Pantalans dos barcos pequenos.


 Actuación da Atlántica Vapora Orquestra na alameda.


Galo para o cocido que van a facer os de Ferrol, aínda que eles din que e a mascota do Ria.

martes, 14 de junio de 2011

O caso e navegar

Curiosa embarcación vista navegando pola zona de Beluso en Bueu. Difícil identificar a tipoloxía da mesma( podería ser unha dorna tuneada). Teríanos que preguntarlle en que capitanía pasou inspección, iso si o chaleco reflector que non falte non vaia ser que alguén o leve por diante.


viernes, 10 de junio de 2011

Presentación do libro"Historia fotográfica de Moaña. Tomo I"

Invitados pola Agrupación Cultural Nós asistimos no salón de plenos do Concello a presentación do libro Historia fotográfica de Moaña. Tomo I. Este libro e unha recompilación de fotos históricas de Moaña conta con 350 fotografías cedidas por mais de 250 veciños así como outras atopadas no Arquivo Pacheco e no da Autoridade Portuaria de Vigo. Será o primeiro de varios libro xa que Nós ten mais de 5000 fotos de Moaña recompiladas.


Xesús Cancelas, Xosé Villaverde e Manuel Méndez, de Nós

O acto contou cunha proxección dun audio visual, con explicacións dos integrantes de Nós sobre o contido das imaxes.

viernes, 22 de abril de 2011

Preparando unha nova tempada

Andamos estes dias con moita actividade no estaleiro, acabamos de varar o Eliseo para darlle patente, retoques de pintura e algunha que outra obra menor. Tamén estamos pintando e arranxando os barcos pequenos.