domingo, 10 de octubre de 2010

Estaleiro do Latón - Meira - Moaña

Enlace a datos do estaleiro  Ascón actualmente propiedade de Rodman-Polyships

ESTALEIRO ASCÓN-RODMAN

viernes, 8 de octubre de 2010

Estaleiro de Casqueiro

Presentámovos outro enlace interesante , relativo ao estaleiro de Casqueiro en Moaña.

ESTALEIRO DE CASQUEIRO

Estaleiro de Sueste

Un enlace, moi interesante, con datos do estaleiro que a Asociación Sueste ten no centro de Moaña.

ESTALEIRO DE SUESTE

sábado, 11 de septiembre de 2010

Galeón Eliseo na ria de Aldan

O Eliseo navegando pola Ria de Aldán.



martes, 31 de agosto de 2010

XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Esta pasada fin de semana asistimos o encontro de Bueu, levamos o Eliseo para Bueu o venres, pola tarde asistimos no museo a unha interesante charla sobre o bote polbeiro impartida por Manuel Aldao. Xa o sábado navegación no Eliseo amenizada polo bretón con súa gaita e por Rosco coa guitarra, xuntos pero non revoltos cando acababa un empezaba o outro. O domingo asistimos a botadura dun pequeno bote feito por un par de alumnos da Eixola no estaleiro de Purro, de nome Jordeiro e unha pequena embarcación tipo Tiknot francesa. 



martes, 24 de agosto de 2010

XV Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro

Un no mais e van 15 asistimos a concentración de Combarro, aínda que levamos o Eliseo para que estivera alí toda a fin de semana nos, por diversos motivos, so podemos asistir o domingo. Co cal perdemos a maior parte das actividades que se celebran no sábado.


domingo, 15 de agosto de 2010

XXVII Bandeira Concello de Moaña

A petición da Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira asistimos a XXVII Bandeira Concello de Moaña para que o Eliseo fixera de barco para as autoridades e mais para entregar os trofeos desde el. E unha regata pertencente a Liga Galega de Traiñeiras e nela foi vencedor a traiñeira de Amegrove do Grove.


Portas Abertas no estaleiro de Carlagho

Os días 10, 11, 12, 13 e 14 celebramos unhas xornadas de portas abertas no estaleiro de Carlagho. A parte dalgún dos nosos barcos tanto no interior coma no mar, tivemos tamén unha exposición de fotos sobre a recuperación do Eliseo e a exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo cedida pola Federación.

sábado, 14 de agosto de 2010

Reparacións no Eliseo

Solo levamos un mes navegando a vela co Eliseo e xa temos que facer os primeiros arranxos, a presión que exercen os obenques altos,o estai e a driza do foque mais a driza do pico  sobre o zuncho alto do mastro fixo que este baixara un bo cacho e iso que cando o puxemos criamos que estaban apertado de mais. So houbo que afrouxar e subilo os 30 centímetros  que baixara quitándolle algunhas arandelas que puxeramos nos parafusos para que fixeran tope e non apertaran de mais e volvelo a apertar.

Isto tamén nos permitiu ver unha bonita perspectiva do Eliseo dende as alturas.


lunes, 9 de agosto de 2010

VII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña

Celebramos este ano nosa VII xuntanza, contou coa participación de 26 embarcacións sendo novidade este ano a Surfeira de Portonovo patroneada por Manolo así como a participación de dous curragh irlandeses que recalan en Moaña despois de un periplo de algo mais de unha semana polas rias de mais o norte. Pertencen a asociación Nomhoga Chorchaí, son naturais da cidade de Cork e aínda van votar uns dias entre nos.


viernes, 6 de agosto de 2010

Charla sobre o patrimonio marítimo galego

Hoxe celebrouse no estaleiro a charla sobre o patrimonio marítimo galego. Foi impartida por Víctor Fernández, Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Este acto o igual ca xuntanza de embarcacións enmárcase dentro da VII Semana do Mar.


domingo, 1 de agosto de 2010

III Encontro en Aldán

Asistimos o III Encontro en Aldán, coincidindo coas Festas de Aldán, e organizado por Mar da Pedra e a Asociación Cultural Nosa Señora do Carme de Aldán.


martes, 27 de julio de 2010

O Eliseo xa navega a vela

Fotos do Eliseo navegando a vela na Iª Concentración de Galeóns. Con rizos tomados na maior o non estar aínda prácticos no manexo das velas. So por esta navegación xa valeu a pena os anos de traballo.


Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’ en Vilanova de Arousa. Travesía Xacobea polo Ulla.

O pasado fin de semana tivo lugar a Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’ en Vilanova de Arousa, e a Travesía Xacobea polo Ulla, ata Catoira.

Cara alí partiu o Eliseo coas velas recen estreadas, aínda que toda a travesía de Moaña a Vilanova foi a motor pola falta de vento nun principio e polo exceso xa mais tarde. Facía moitos anos que nas rias non vían tanto galeón xunto.

Despois unha homenaxe a José Paz Brión (o señor José)socio fundador de Rabandeira partimos cara a Catoira onde se ía a celebra a comida.

miércoles, 21 de julio de 2010

As velas do Eliseo

Despois de cinco anos de traballo da nosa parte o Eliseo  estreou  velas , xa podemos dicir que o traballo esta case rematado. Xusto a tempo para participar na I Concentración de Galeóns para a cal partiremos maña  primeira hora sen tempo para probar nada.


viernes, 16 de julio de 2010

Procesión marítima do Carmen

A petición dun grupo de socios asistimos a procesión marítima celebrado polas festas en Moaña. O percorrido foi o de sempre hasta Cangas para un encontro no mar con súa procesión despois cruzase hasta a E.T.E.A., onde antigamente se celebraba unha misa de campaña. Despois Domaio, o Latón, Meira e volta o punto de partida.

martes, 13 de julio de 2010

Postais e fotografías antigas de Vigo


A Asociación Veciñal de Teis ven de crear fai uns meses un blog onde recollen unha gran numero de fotos antigas de Teis e de todo Vigo en xeral, moitas destas fotos aparecen recollidas en varios libros publicados pola asociación veciñal. Moitas destas fotos pertencen a beiramar da ria onde s poden ver os barcos que por  e la navegaban.

O Berbes o redor do 1886.


Muros mira ao Mar

Un ano despois do IX encontro voltamos a Muros invitados as XI Xornadas de cultura Mariñeira Muros mira ao mar. Foi una fin de semana cun  amplo programa, variado e moi interesante. Navegación, exposicións, debates, artesanía, obradoiros, concursos, gastronomía, teatro, música, etc. cobren os días do evento.


martes, 29 de junio de 2010

Alternalia 2010

O pasado fin de semana celebrouse en Moaña a feira de bioconstrucción, enerxías renovables e ecoloxía, ALTERNALIA 2010.A feira contou coa participación de 35 expositores chegados de todo o pais. Nos estivemos alí a petición do Concello, colocamos a gamela na entrada da carpa no estand do Concello.




martes, 15 de junio de 2010

Traballos varios no galeón

Este fin de semana pasado tivemos o galeón varado diante do estaleiro. O motivo principal foi o aliñamento do motor que parecía terse movido un pouco, tamén aproveitamos para ver como quedaba a verga no barco así como para realizar outros traballos pendentes.



sábado, 5 de junio de 2010

Verga do Eliseo

Despois de dous sábados de traballo quedou lista a boca da verga, xa so falta darlle protección  probala no barco.



sábado, 24 de abril de 2010

Preparando a verga

Con Ramonet xa traballando nas velas do galeón, nos temos que darnos presa para ter todo preparado para cando estean rematadas. Coa verga lista preparamos a "boca".



sábado, 10 de abril de 2010

Motóns (poleas) do Eliseo

Hoxe estibemos dándolle "chapapote" os motóns do Eliseo para que soporten mellor o paso do tempo cando estean pendurados do mastro.



domingo, 10 de enero de 2010

Memoria dos Oficios de Moaña

Veñen de ser subidos o You Tube unha serie de vídeos sobre a memoria dos oficios de Moaña. Son parte dun traballo de vídeos e proxectos levados a cabo pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Galicia nos anos 2007-2009.


Memoria dos Oficios de Moaña: As Carpinterías


Memoria dos Oficios de Moaña: As carreiras


Memoria dos Oficios de Moaña: As atadeiras


Memoria dos Oficios de Moaña: Toda unha vida nos estaleiros


Memoria dos Oficios de Moaña: Así se fixo