miércoles, 27 de mayo de 2009

Xa temos gamela

Despois de moito aturar os nosos amigos de Mar da Pedra, decidimos facernos cunha gamela que eles mesmos nos cederon. Orixinaria do porto de Coruxo ten a fasquia algo distinta as gamelas desta banda da ria por adicarse as de unha banda e as da outra a oficios distintos.


martes, 26 de mayo de 2009

Preparando a enxarcia do Eliseo

Estes dias andamos preparando todo o tema da enxarcia para o mastro do Eliseo. Primeiro preparamos as bigotas con madeira de carballo e no dia de hoxe colocando as bigotas  nos cables de aceiro previo recubrimento destes cun cabo embreado.


viernes, 22 de mayo de 2009

Eliseo no Grove

Seguen os traballos no Eliseo nos estaleiros Garrido do Grove, xa esta feito o burato na cuberta para pinchar o mastro así como o seu encaixe na sobrequilla. Xa temos tamén o mastro cos zunchos colocados e o bauprés posto no seu sitio, cada vez falta menos.

lunes, 11 de mayo de 2009

Eliseo no Grove

Hoxe varouse o Eliseo no Grove nos estaleiros Garrido para que lle poñan o mastro.



Eliseo polas rúas do Grove.


Ferros para colocar no mastro e no bauprés.

Estaleiros de Manuel Mougán

Nos estaleiros Mougán tamén puidemos mirar outros barcos tradicionais durante a botadura da Lavanqueira.


 Galeón Adelino Manuel, só lle quede completar a parte mecánica e a vela.

Botadura da Lavanqueira.

Invitados polos amigos da A.C.D.X. Fasquía, asistimos o pasado dia 9 a botadura da dorna Lavanqueira. Construída nos estaleiros de Manuel Mougán e a segunda dorna dentro do proxecto Desafío a Tope promovido pola federación e subvencionado pola Deputación de Pontevedra.


Paloma Rueda da Deputación, Mónica e Santi de Fasquia e Braulio da Federación.

martes, 5 de mayo de 2009

Desafío Atlántico III

Desfile dos barcos antes da partida.


Desafío Atlántico II

Seguimos con mais fotos do Desafio Atlántico.

  Barcos en seco ao carón do estand.
                                                 

Desafío Atlántico

Dende o día 30 de abril ao 4 de maio celebrouse en Vigo o Desafío Atlántico Vigo - Tall Ships Atlantic Challenge 2009,  antigamente chamado Cutty Shark.
A escasa presenza de grandes veleiros fixo que os organizadores contactaran coa Federación co fin de que as embarcacións tradicionais ocupasen unha parte importante da mostra, tamén se colocou un estand no peirao que foi do máis visitado.