domingo, 20 de enero de 2008

Mastro Eliseo

Comezamos os traballos par preparar o mastro para o "Eliseo", hai o vedes xa nivelado encima duns cabaletes para empezar co cepillado.


Bote Domaio

Xa co bote no estaleiro miramos que a maior parte de madeira esta podre, a quilla coa madeira boa pero partida en catro anacos, aínda así trataremos de recuperalo.


domingo, 13 de enero de 2008

Chegaron os Reis

Empezamos o no novo co rescate dun  pequeno bote que se atopaba fundido no porto de Domaio dende fai algún tempo. A familia que nos fixo a doazón díxonos que e probable que teña arredor de 80 anos. O bote exercía de auxiliar nun barco carboeiro na ria de Vigo propiedade probablemente da empresa Davila.


O bote a parte de de fundido estaba cheo de lama, polo que tivemos que esperar  unha baixamar  grande para limpa lo e colocarlle uns flotadores.


Apenas facía agua polo que levámolo  un areal próximo e mais tarde hasta unha rampla.


E xa dende alí por estrada en remolque hasta o estaleiro.